Alicia no país das marabillas
Texto de presentación da actividade
Recreación para marionetas baseada no relato de Lewis Carroll.
Conducidos polo Coello Branco, seguiremos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico que late debaixo da terra.
Alí merendaremos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Tolo e o Leirón. Xogaremos ao cricket coa Raíña de Corazóns… pero coidado Alicia! Estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!
Programa
MOSTRA DE TEATRO !IVÁN TOURÓN MORAIS"

