Un Samaín de medo: obradoiro de efectos e caracterización
Aproveitando a creatividade e fantasía propios da celebración do Samaín presentamos unha actividade terrorificamente divertida.
Comezaremos creando unha historia de medo colectiva a partir das indicacións da monitora para, posteriormente, desenvolver un obradoiro de caracterización e efectos especiais no que as pequenas e pequenos participantes aprenderán trucos e técnicas de maquillaxe que lles permitirán transformarse en personaxes propios do Samaín como zombis, meigas, lobishomes ou esqueletos.

