Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unhas maxias rebuldeiras

Texto de presentación da actividadeA Maga Fani achéganos unhas sorpresas e uns ​a​​​​​braios rebuldeiros, para non deixar de escaravellar na testa, rascar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Benvid@s a un espectáculo con mollo de participación da concorrencia, maxia e risadas. Unha escolma de aventuras, co fin de pousar encol da mesa a afirmación seguinte: os libros, as bibliotecas e as amizades son fenomenais!.  Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Enleada de enredos

Texto de presentación da actividadeBenvid@s a un feixe de despropósitos, chilindradas e trangalladas varias. Benvid@s a unha morea de enredos máis sorprendentes que escoitar galego no centro da Coruña. Benvid@s a nunha representación escénica máis insospeitada que atopar un programa cultural na televisión. En resumo, un espectáculo de maxia, humor e participación da concorrencia para ollar coas orellas moi abertas.  Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración45 minutosSesións

Galego

Leo e a música

Texto de presentación da actividadeLeo, o león máis curioso da selva atópase nun paseo con diferentes animais e escoita os seus sons particulares. Axudádesnos a descubrir toda a música que hai ao seu redor?Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración30 minutosSesións

  • Sesión única: 14/06/2024 - 18:00

Lugar de celebraciónBiblioteca Municipal da Estrada

Galego

Mago Deimi: "A maxia está nos libros"

Texto de presentación da actividade"Mago Demi:a maxia está nos libros" son números de maxia sorprendentes e variados relacionados co mundo da lectura. Nesta sesión de entretemento trátase de interaccionar cos rapaces para que entendan a lectura como unha experiencia máxica e chea de ilusión na que os "pos máxicos" do humor tampouco poden faltar.ProgramaMerendas con ContosPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración60 minutosSesións

Galego

Unha maxia diferente

Texto de presentación da actividadeEspectáculo reivindicativo onde a través de historias e xogos de maxia traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados. Traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo. Ser diferente é o mais divertido e xenuino que temos os seres humanosProgramaLER CONTA MOITOPúblico/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Maxia divertida "Contamaxias"

Texto de presentación da actividadeEsta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A Ramona pequena vai á Lúa

Texto de presentación da actividadePakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquedanzas cunha mente moi esperta. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta. Continúan as historias de Ramona Órbita na súa infancia. Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe  ProgramaLer conta moito Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Radio Bulebule

Texto de presentación da actividadeAbre as orellas! Sintoniza Radio Bulebule, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Vén vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio Bulebule e pasalo ben cos amigos e amigas.Programaa na entrega de premios das letras galegasPúblico/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Brinca Vai! De aquí a acolá

Texto de presentación da actividadeBrinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A maxia dos libros

Texto de presentación da actividadeO espectáculo "A maxia dos libros" é unha representación única onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir dos 7 anos)
  • Público adulto

Duración60 minutosSesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo