Extra!
Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil por todo o alto con Extra! de Paco Nogueiras. Espectáculo baseado no libro-cd do mesmo título editado por Kalandraka Editora, que combina cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
os feitos máis recentes. Non os debes perder!

