Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A gran gala do circo, maxia e humor

Unha proposta multidisciplinar onde a maxia, o clown, o circo e o humor se fusionan para ofrecer un espectáculo único conxugando a arte e a retranca galega. Alguén quere deixar de rir?

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría, dirección e escenografía: Especialistas Hípica Celta 

Deseño sonoro, iluminación e música: Odaiko

Vestiario e coreografía: Especialistas Hípica Celta 

Elenco artístico: Miguel Aparicio (presentador), Mago Demi, Isla Letrisca, Alberto Gómez, Pepe, Juan Collazo

Galego

A forza da queimada

Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO e da súa meiga, que invocarán aos Deuses Celtas a través de lume, música e a forza escénica, onde se mestura a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas. Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través dos bruxos e bruxas, da Santa Compaña e da Queimada. Os actores interactúan co público facéndoo partícipe do espectáculo.

 

FICHA ARTÍSTICA

Autoría dirección e escenografía: Especialistas Hípica Celta 

Deseño sonoro e iluminación: Isgal de Eventos 

Galego

Galicia Escena PRO: Quema

Quema é unha viaxe íntima a través do purgatorio, onde dúas almas anciás, Joel e Julia, se unen para revisitar o traxecto das súas vidas. Nesta viaxe de autoexploración, aventúranse a reconstruír momentos cruciais desde perspectivas alternativas, navegando por diversos espazos e dimensións da realidade. No medio desta viaxe, unha melodía resoa, levándoos de volta á súa xuventude, e ambos deciden bailala e explorala desde un ángulo que non consideraran antes, aceptando a caída e a vulnerabilidade.

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

14 MINUTOS

Galego

Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño

Mitos, lendas e cantigas é un espectáculo de narración oral e música en directo inspirado na obra de Begoña Caamaño, que revisita a mitoloxía clásica desde unha perspectiva feminina. 

A través de romances, cantigas e palabra contada, recupera figuras como Circe, Penélope ou Morgana, poñendo en valor o papel das mulleres no mito e na tradición oral. 

Unha proposta para público familiar que combina, patrimonio, creación contemporánea e igualdade. 

Duración: 45 minutos

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos

Galego

Odiseicas: as que tecen a historia

 Espectáculo de narración oral escénica inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados. A proposta sitúa a igualdade no centro da escena non como mensaxe pedagóxica, senón como mirada narrativa: quen fala, quen é escoitada e desde onde se constrúe o relato.

Galego

Hocus Pocus

Seguindo a súa tónica de humor, o Mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e de moitas sorpresas. Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, tolos, emotivos e inesquecibles.

Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)

Galego

IX Alguén que respira! Festival de Poesía para o Corpo Principal

A Secretaría Xeral da Lingua colabora co Concello de Santiago de Compostela na novena edición do ‘Alguén que Respira!’ Festival de Poesía para Corpo Principal, unha cita que reunirá en Compostela poetas, artistas, pensadoras e pensadores do 18 ao 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, nun ambicioso programa de recitais, conversas, cinema, ciencia e propostas performáticas arredor da palabra baixo a dirección do poeta, editor e artista multidisciplinario Antón Lopo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo