Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Danza 3 | O Fiadeiro

Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Trópico de Grelos: Bloco Afro

O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. Caracterízase por ritmos moi festivos e contundentes de Salvador de Bahía, adornados ademais con diversas coreografías. A frescura destes ritmos xunto coa actitude e destreza desta banda de percusionistas e a potente presencia da raíz africana, fan deste desfile musical unha auténtica festa que non deixará a ninguén indiferente.

Galego

Os Rizos de Lía

Tulis, a contadora aventureira, acompáñanos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse… e bailar!

Cristian Leggiero: creador da historia e compositor das cancións da mesma

Paty Lesta – Tulis, a contadora aventureira: cantante e narradora.

Recomendado de 3 a 8 anos 

Galego

Mystic Fire

A unión de dúas acróbatas expertas dá como resultado un espectáculo intenso e visual que combina malabares aéreos, acrobacias de gran precisión e sorprendentes intervencións.

Durante 45 minutos, a barra de pole dance e as telas convértense no escenario de atrevidas figuras e momentos de tensión que manteñen ao público expectante.

Unha proposta dinámica e impactante, ideal para programación familiar e eventos ao aire libre que buscan emoción e espectáculo.

Galego

Peque Disco Moc Moc

Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!

Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡Yes baby!

Galego

Olimpíadas do Tibu 

Benvidos ás emocionantes Olimpíadas do Tibu!

Neste incríble evento, o DJ Tibu poñerá a música perfecta mentres os nenos se divirten xogando a unha variedade de xogos entretidos, como o clásico xogo da cadeira, e moitos máis...

Imaxina un lugar onde os pequenos poden gozar dunha competencia amigable e chea de alegría. Nas Olimpíadas do Tibu, creamos un ambiente festivo onde os nenos poden desatar a súa enerxía e demostrar as súas habilidades a través de xogos divertidos e dinámicos.

Galego

Monxa Millo Sentinela

A proposta explora a cultura popular, os corpos e a paisaxe do territorio galego a través da desarticulación das promesas incumpridas que os atravesan. Partindo de tres corpos arquetípicos, o proxecto busca poñelos en crise, transformalos e pervertelos, creando unha investigación escénica situada no final da espera. A través desta práctica, as artistas Sara Somoza e Ismael Eirexas Romeü cuestionan nocións de xénero, performatividade e memoria cultural, combinando ficción, documental e creación colectiva.

Galego

Danza 3 | Cantigas e Agarimos

A agrupación de danza e música tradicional Cantigas e Agarimos sae ao encontro do público en Sigüeiro, para ofrecer un repertorio de pezas recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de pandeireteiras.

A actuación enmárcase dentro da 14ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo