Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un rei e outros animais

Durante a representación, os nenos e nenas contarán e cantarán historias e pezas da tradición galega e outras de nova creación, todas protagonizadas por animais, coa axuda de xoguetes sonoros e monicreques variados.

Un rei e outros animais visitará en setembro 6 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Melide, Boqueixón, Fene, Celanova, Mos e Padrón.

Galego

Fábula galénica

A compañía Fantoches Baj recala unha vez máis no programa de dinamización lingüística FalaRedes para ofrecernos esta peza que foi galardoada co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil.

Galego

Circo Galaico

Circo Galaico é un espectáculo orixinal que quere converter os animais salvaxes da fauna galega, representados por marionetas talladas artesanalmente en madeira, en protagonistas. Estes asisten á chamada do mestre de cerimonias para facer alarde das súas proezas: forza, equilibrio, danza, malabares.... ao son da música tradicional.

Galego

O gato simple

Esta é a historia dun gato tan simple, tan simple, que non sabe ler nin escribir. E por suposto ignora que cousa é un rato. Acontece que ao noso amigo so lle interesa comer e durmir, durmir e comer. É tan simple, que o rato faise dono da cociña e está a piques de deixalo sen teito.

Elenco: Lázaro Duyos

Galego

Unha armadura con ferruxe

Un cabaleiro quedou preso na súa armadura. Agora a súa familia non sabe cal é o seu verdadeiro aspecto. A súa esposa máis o seu fillo loitan desesperadamente por liberalo. Función de monicreques dinámica e amena para tod@s cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.

Galego

Paporrubio: Varietes do animalario

Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo nas cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras.

Galego

As fabas máxias

Este espectáculo contado en primeira persoa cos monicreques, achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.

Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que o fai lembrar unha infancia chea de aventuras, onde co valor, a emoción e o enxeño se conseguirán superar todos os obstáculos.

Galego

Laranxus 7

Laranxus 7 é un espectáculo de monicreques  no que se tratan temas como a ecoloxía, tolerancia, amizade e a solidariedade.

Sinopse:

Verde, un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7, leva unha vida rutineira e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar. Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados invasores, Verde, embárcase nunha fantástica viaxe para buscar axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabarán por cambiarlle a súa visión do mundo, descubrindo o verdadeiro valor da amizade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques