Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Fíos

Nominada aos Premios MAX 2013 por "mejor autoría teatral gallega".

Fíos é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

A alfombra máxica

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Galego

O agasallo de Anya

Sinopse: Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil kilómetros, e unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade.

Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

Galego

Soliluna

Sinopse: Ao principio do todo, cando sobre a Terra non había nada de nada, en grao sumo profundo do mar, xurdiu unha montaña.

A colosal montaña dividía o mundo en dous partes e estaba atravesada por un buraco, un profundo e longo buraco case  sinfin a través do cal non se podía ver nada, pero si se podía escoitar...

Galego

Alicia en el pais de las maravillas

Celebramos o 150 aniversario do clásico de Lewis Carrol. Foi o mesmo autor quen anos despois publicou The nursery Alice, orientada cara aos nenos menores de cinco anos.

Esta versión está feita con menos personaxes e simplificada en canto a contidos.

Para o público infantil, este país absurdo fainos irromper nun mundo moi parecido ao seu, onde non hai fronteiras, onde a lóxica se troca en sen razón, onde todo é posible, onde a vida é soño e o soño realidade.

Elenco: Gonzalo Cardone e Mar Gasco

Galego

Novas aventuras do Apalpador

O Apalpador vén visitarnos cunha nova e divertida aventura.

Un feixe de pantasmas anda amedrentando aos nenos e nenas da comarca. Ata o porquiño Rufino anda con medo. Contra que se terá que enfrontar o noso heroe?

Dirixido a maiores de 3 anos. No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cincenta

Sinopse: O zapateiro  real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do Reino. Un día chega as súas mans un pequeno zapato de cristal, o fermoso zapato da Cincenta; un zapato que agocha unha fantástica historia.

A partir do clásico dos irmáns Grimm, Danthea teatro presenta unha comedia para toda a familia que mestura o teatro de actor e o de obxectos.

Galego

El tesoro de Barracuda

Nesta tarde de teatro, que tal un  paseíño en barco? E unha historia de piratas?

Esta historia é a do capitán  Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro. Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a  truáns, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas.

Galego

O lobo e a lúa

Premio Barriga Verde de Textos de Teatro de Monicreques 2014.

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa. Era moi importante o que lle tiña que dicir, mais como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que ouvear. Cos seus berros non deixaba durmir a ninguén: nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No Prado Azul esta noite ninguén pode durmir!

Galego

As aventuras de Gale

Baseada na obra de Pepe Carreiro Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos.

 

Gale conducirá ás nenas e aos nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, ditos e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura creouse e crearase en galego.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques