Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Barriga verde

 Mesturando a tradición do títere galego coa  europea, Viravolta Títeres recolle cinco situacións que resolve dun xeito que incomoda ao Demo  ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos

Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego.

Preséntase como unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX.

Galego

Titiricleta

A Titiricleta do Titiricleteiro chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, A India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.

Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que leva a cabo a Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 5 a 12 anos

Galego

O traxe novo do rei

Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte. Pero, sería certo?, funcionaría?; de algún xeito si, pero non como él o esperaba.

Espectáculo de teatro para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: A partir de tres anos

Galego

Os soños na gaiola

Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María, ao que en 2016 se lle dedicaron as Letras Galegas.

O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo  rural da  infancia  do  poeta  chairego. 

Galego

O soño do rato

Elenco: Olga Abad

Dirección: Olga Abad

E unha obra de monicreques que nos fara viaxar a mundos máxicos onde todo e posible. A vez que nos fará aprender cas vivencias do seu protagonista.

Un ratiño que terá que enfrentarse os seus medos para poder alcanzar os seus soños.Camiñaremos o seu lado e realizaremos os nosos desexos.

Galego

O libro da selva

Acompañado dunha serie de xoguetes e dinámicas tratan temas como a adaptación dos nenos e nenas a diferentes medios, a emigración e a inclusión na vida cotiá de xente procedente doutras culturas.

Sinopse: Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan ataca a aldea dos homes. Mowgli, un rapaciño escorregadizo, escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova familia, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, a Sherekan.

 

Galego

Baila, Roque, baila

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.

Andrea, desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Galego

Baila, Roque, baila

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.
Andrea, desta vez, está acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Galego

Pum Pum

Elenco: Andrea Bayer e Xosé Manuel Esperante

Dirección: Óscar Ferreira

Salma vive rodeada de portas, portas grandes, portas pequenas, portas suaves, portas lixeiras, portas pesadas, todas as portas que te poidas imaxinar.

Salma sempre pintou portas na súa imaxinación. Debuxaba portas de cores que cando as abría saía música. Un día os seus pensamentos fixéronse realidade.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques