Antón Comodón
Sinopse: Esta é a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que lle facía todo. Un día Nicolás marchouse a vivir ás illas verdes. Antón non sabía vivir sen a súa axuda: nin vestirse, nin atar os zapatos, nin comer a sopa... Así que decidiu ir na procura de Nicolás e na súa viaxe aprendeu moitas cousas...
Duración: 50m
Público: a partir de 4 anos

