O Murmurio do mar
O mar, no seu infinito murmurio trae consigo sons,lendas e tamén cancións.
Dende tempos inmemoriais o mar, ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros.
A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación sumerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.
Un mar que, por enriba de todo debemos coidar e respectar.

