Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un rato de biblioteca

Cando sexas capaz de atopar o libro máis pequeno da biblioteca e convertilo nun xigante estarás preparado para comezar esta aventura. Unha avelaiña fará que brinques e, un rato contarache todo o que podes aprender nun libro. A música en directo de Fu e Fa farache pensar nun mundo máis sostible.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

A nao Catrineta

Na Nao Catrineta, cóntase a historia dunha familia de lavandeiras insidiada polo demo de pelo azul Cobillón. Nesta historia mistúranse saberes tradicionais, refráns, cancións, contos populares e o romance histórico da Nao Catrineta para contar unha historia na que finalmente o demo sae escaldado.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Día do Libro - Camiño de historias

Camiño de historias é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestións como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas e server tamén para festexar este 23 de abril o Día do Libro.

Galego

Cousas de Castelao

A historia comeza o día que Pedro anda a marear a perdiz para non ir á escola e vai sendo testemuña de diferentes situacións que se producen na vila. O anuncio dunha viaxe dun barco cara Bos Aires esperta a súa curiosidade. E, xunto co seu amigo Daniel, decide ir velo atravesando o bosque...

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas. 

Galego

Jiñol

Rosalia, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policia ven alterada a sua vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis y nada menos que ... ¡un cocodrilo!
Este é o principio dunha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen co intruso.
A evolución deste conto desemboca nun inesperado final.

 

Galego

Viaxar con títeres

 

A celebración do noso XXVI Cumpreanos, xa que o do ano pasado non puido ser, concrétase de novo na Expo-Espectáculo VIAXAR CON TÍTERES 2021 que recolle a andadura da compañía Títeres Cascanueces, hoxe denominada Garabato de Xogos nestes 26 anos.

VIAXAR CON TÍTERES 2021 ademáis do espazo expositor, contará cun escenario para representacións e unha area para obradoiros e xogos.

Galego

Lobo Bobo

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?

Que acontecería se a madastra de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?

A resposta a estas e outras preguntas poderémola descubrir neste espectáculo para bibliotecas.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

O traxe novo do rei

Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un antollo inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte. Pero, sería certo?, funcionaría?; dalgún xeito si, pero non como el o esperaba.

Galego

Nº 8 da Rúa dos contos

Todo aquel que entra na casa da Bruxa Papandreia queda alí cachado. Xinzo e Lelo, dous simpáticos ladróns non o saben e deciden ir encher o seu saco.

Nun intre daranse conta do que alí sucede. Un lobo, un cazador e  máis persoaxes compartirán a sua aventura.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques