Monicreques

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Alicia no país das marabillas

Recreación para monicreques baseada no relato de Lewis Carrol e recomendada para nenos a partir de 4 anos.

Conducidos polo coello branco, séguense con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico que latexa debaixo da terra. Alí meréndase coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Tolo e o Lirón e xógase ao críquet coa Raíña de Corazóns.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

As tres raíñas magas

Tres Raíñas Magas moi especiais que non se cortan un pelo. Collen incenso, mirra e ouro e suben ás camellas camiño de Belén. Risas poéticas para un Nadal diferente. Unha aventura chea de compañeirismo e respecto, liberdade e autoestima.

Galego

Iván e o lobo gris

Iván debe cumprir con éxito unha perigosa misión: atopar ao ladrón que rouba as mazás do Rei Otón. Nas aventuras polo bosque encantado coñeceremos árbores que falan, lobos, bruxas e rás, e descubriremos quenes son amigos e de quen sería mellor fuxir! Todo a través da música, do teatro e da poesía.

Galego

Contos no tendal

Neste espectáculo que xoga a tensar os límites entre contacontos, títeres e pantomima, case nada é o que parece. Grazas a unha técnica de manipulación de panos inspirada nos Mestres de marionetas orientais o escenario pasa de amosar pezas de roupa secando ao sol, a ser o interior dun Castelo, un mar poboado por sereas, ou a cova dun feroz polbo gardián dun tesouro.

Galego

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público.
Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

Galego

Un rato de biblioteca

Cando sexas capaz de atopar o libro máis pequeno da biblioteca e convertilo nun xigante estarás preparado para comezar esta aventura. Unha avelaiña fará que brinques e, un rato contarache todo o que podes aprender nun libro. A música en directo de Fu e Fa farache pensar nun mundo máis sostible.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi particular e ata unha parella moi especial.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

A nao Catrineta

Na Nao Catrineta, cóntase a historia dunha familia de lavandeiras insidiada polo demo de pelo azul Cobillón. Nesta historia mistúranse saberes tradicionais, refráns, cancións, contos populares e o romance histórico da Nao Catrineta para contar unha historia na que finalmente o demo sae escaldado.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Día do Libro - Camiño de historias

Camiño de historias é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestións como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas e server tamén para festexar este 23 de abril o Día do Libro.

Galego

Cousas de Castelao

A historia comeza o día que Pedro anda a marear a perdiz para non ir á escola e vai sendo testemuña de diferentes situacións que se producen na vila. O anuncio dunha viaxe dun barco cara Bos Aires esperta a súa curiosidade. E, xunto co seu amigo Daniel, decide ir velo atravesando o bosque...

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monicreques