Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Onde pousa a humidade

Un solo que afonda na espera e na relación do corpo co tempo pasado e presente. A inspiración vén dos naufraxios na Costa da Morte. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra".

Galego

Od(i)osa

Od(i)osa é unha obra da compañía Proxecto Morriña, un grupo de seis novos galegas comprometidas coa situación social na que vivimos e sen medo a darlle voz ás historias e mensaxes que sintamos que necesitamos contar. Por esta mesma razón nace este teatro-danza. Queremos rescatar da memoria galega, do ano 1989, a folga que ocorreu na empresa Odosa, unha loita que as propias traballadoras, sen apoios de ninguén máis, emprenderon para reclamar os seus dereitos laborais.

Galego

Dique

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

Galego

Mover cenizas

Mover cinzas está inspirada na vaga de lumes que asolaron a provincia de Ourense no ano 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa Maruxa Salas. A cinza aparece como residuo do arrasado, do deserto e da poética do que queda, do que perdura e como se transforma, construíndo a partir dos bosques convertidos en po unha metáfora do rexurdimento, un convite a habitar o presente para continuar polo camiño da vida.

Danza 3 | Xacarandaina

A agrupación de danza e música tradicional Xacarandaina sae ao encontro do público na Praza Maior e Praza do Concello de Meira, para ofrecer un repertorio de música tradicional recollida en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadoras e tocadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Danza 3 | Xacarandaina

A agrupación de danza e música tradicional Xacarandaina sae ao encontro do público no Campo de San Francisco de Ribadeo, para ofrecer un repertorio de música tradicional recollida en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de tocadoras e tocadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Danza 3 | O Fiadeiro

A agrupación de danza e música tradicional O Fiadeiro sae ao encontro do público no xardín Umbría de Vilanova de Arousa, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e ingterpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Dique

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza