Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Galicia Escena PRO: Alén

Alén é unha creación escénica de danza contemporánea executada por catro intérpretes, que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Galego

Galicia Escena PRO: BenQuerer

BenQuerer es una pieza íntima que conecta con lo cotidiano, con el día a día, y con nuestros procesos de adaptación ante los cambios. No habla de la felicidad permanente, ni de estar siempre bien, habla de aceptar los momentos en los que el cuerpo dice basta, de cuidarse y de aprender a poner límites. En un mundo de constante cambio, en un sistema que premia producir, avanzar, continuar... ¿podemos permitirnos parar? ¿Podemos mostrarnos vulnerables, sin miedo al juicio o a ser vistas como frágiles?

Galego

Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor

Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva.

Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

15 MINUTOS

Galego

La Bella Durmiente

LA BELLA DURMIENTE - Internacional Ballet Company
O esplendor do ballet romántico na súa máxima expresión. Unha exhibición de elegancia e precisión técnica que dá vida ao eterno conto de Perrault baixo a maxestosa música de Tchaikovsky.
 

Galego

O punto impropio

Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción se distorsiona e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós énos alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?
 
[A/S/V] O punto impropio elabora movemento, son e imaxe en tempo real:

Galego

Ceibe

CEIBE afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Galego

El verbo

EL VERBO achéganos a aquilo que arrastramos ata a intimidade, a todas esas pleitesías colectivas que nos constrúen e nos obrigan baixo a advertencia do castigo para comportarnos dunha maneira determinada e correcta. EL VERBO é un proceso para imaxinar e construír novos rituais, eses que, como ou mundo, están en continua desaparición.

Galego

Cicatriz

CICATRIZ é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de nón acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión.

Galego

Transeúnte

TRANSEÚNTE é un espectáculo no que brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos. Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construír un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiose entre tradición e contemporaneidade. 

Galego

Coa cabeza nas nubes

COA CABEZA NAS NUBES é un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza