Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mímesis

É un espectáculo de danza que se constrúe como un ritual iniciático á vida e no que música, luz e movemento atenden o proceso cognitivo dos máis pequenos. É unha coidada produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte dunha idea: a imitación como vía de relación co mundo. Aprendemos porque repetimos aquilo que vemos.
O público acomódase 360 graos ao redor da acción nun espazo voluble que convida á atención e o descubrimento...

Galego

Aurora Boreal

En Aurora Boreal exponse a permanencia das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada? A fugacidade como unha esixencia social xa constituída aparentemente aprobada pola sociedade. Aurora Boreal parte deste concepto do ser exposto ante unha sociedade de consumo efémero, onde a atención humana cada vez é máis escasa.

Galego

XI Compostela Tango Festival

Nova edición do Festival Internacional de Tango que organiza Compostela Tango Club, asociación nada na capital compostelá no 2013 para promover o tango arxentino.
Ao longo do festival bailaríns e musicalizadores de renome internacional impartirán seminarios e ofrecerán espectáculos coa mellor selección de tangos para bailar. Ademais, haberá milongas tarde e noite destinadas ao baile social. 
+INFO

Galego

LOS PERROS

Cando o tempo deixa de ser pasado e deixa de ser futuro.

Cando o presente cáesenos enriba.

E vivimos o presente coa intensidade dunha chama que nos arde dentro,

como dous seres que se aman e que arden no aquelarre da noite.

Dous seres que bailan para sobrevivir a este tempo convulso e cambiante.

Unha chama que arde baixo os nosos pés, nun chan que se abre e se pecha,

como un gran animal que respira fondo, un animal que desexa ladrar,

que desexa gritar, que desexa correr.

 

Galego

DIQUE

O Dique de Campá de Ferrol foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España. Detrás da súa construción está o traballo invisibilizado de 200 mulleres que desde 1874 pasaron anos retirando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en sacos e cestas sobre as súas cabezas. Eran as "cargadoras" e, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes. A todas elas rendimos homenaxe neste espectáculo.

Galego

Mimesis

É o que  ves. Somos o que vemos. A tribo se reune para o ritual iniciático da vida. Como nun espello, moldeamos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.Mimesis constrúese ao redor da imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dunha contorna  natural que nos serven  de referencia para a cosntrución do que chegaremos a ser.

Galego

DeMente

DeMente é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: dende a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas. 

Galego

CEIB3

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiás, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Galego

El Lago de los Cisnes

A xira 2022 do Ballet de Kiev por España quedou marcada na memoria de todos nós cunha tinta vermella que, en grosas liñas, describe a traxedia vivida desde entón.
En 2023, o Ballet de Kiev volveu percorrer os principais teatros e auditorios de España cun éxito abrumador. En 2024 volverán percorrer os escenarios máis prestixiosos de España. Os bailaríns do Ballet de Kiev ofrécennos unha versión incrible e emocionante do Lago dos Cisnes.

Galego

PROTO (SN1806)

PROTO (SN1806) toma como punto de partida o fenómeno das supernovas. E se nos xuntamos e deixámonos morrer e estourar e ver despois que outros imaxinarios aparecen? Interésannos e interpelan estas experiencias de calor, explosión, visibilidade das diferentes capas que nos compoñen, luminosidade, morte, enriquecemento do espazo e formación de novos sistemas. Como estourar xuntas e xerar novos escenarios máis colectivos, máis luminosos e menos catastróficos? Experimentar este “último hurra” xuntas e crear novas formas de estar en comunidade. Unha viaxe desde o terreal todo o máis astral.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza