Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cometa

Sobre un transbordador espacial, casco en man, unha cosmonauta. COMETA é unha viaxeira inesperada que nos convida, a través da súa curiosidade e os seus descubrimentos, a mirar a nosa contorna con ollos novos. Con ela embarcarémonos nunha aventura galáctica para redescubrir e marabillarnos coa forza da gravidade, as posibilidades do movemento e o poder da empatía. A xeometría, o xogo e a velocidade
da luz. O universo, a imaxinación e as viaxes interestelares. E sobre todo, nunha festa para celebrar que nos atopamos!

Galego

Together to get there

Un encontro entre dous, un abrazo, o sentir ao outro, a comunicación sen palabra, o sentir do tempo inmerso nun mundo creado entre dous. Un soporte mútuo. Un tempo que se expande e detense coma se nunca fóra a acabarse.
Unha transformación, un cambio. Partes empezan a caer, outras a suxeitar. Ese instante esquécese e saen a luz as diferenzas; os polos opostos, a fraxilidade e a forza; o deixarse caer e o desexo porel control. O equilibrio e a inestabilidade. A verdadeira natureza humana.

Galego

Para que non me deixes aquí soa

Para que non me deixes aquí soa explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.

Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia Laport investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras en escena por Laura Iturralde e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais que manipula Martín Gonçalves, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando á artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.

 

Galego

SOFÁ

SOFÁ é unha sitcom de danza, teatro e circo que fala dunha parella.

Marta e Pablo son dúas persoas inquietas e a parella que menos usa o sofá.

Marta e Pablo cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo o exercizo de bailar xuntos cun sofá.

Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas, ver unha peli ou descansar.

Será que o lograrán?

Galego

Dance Join

DANCE JOIN é a nova produción da compañía martaalonsotejada.
Un espectáculo interactivo que combina danza e clown, deseñado para espazos non convencionais, tanto ao aire libre como en interiores.
A obra mestura danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico, mentres convida ao público a participar no caos controlado que presenta.
Esta proposta dinámica borra os límites entre artistas e espectadores.

Galego

Sobre o extravío ou a arte de perderse

Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.
Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe  a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados.  

Galego

Nik·Eu

NIK·EU preséntase como a última produción do proxecto iXa. Unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración. A obra foi estreada en abril do 2023 e está dirixida por Xián Martínez. Coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía cun primeiro periodo de residencia enmarcado dentro do Festival de danza DNA22 e unha segunda etapa desarrollada en Lekuona Fabrika a finais de 2022.

Galego

Transeúnte

TRANSEÚNTE é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego. Neste espectáculo para sala de 4 bailaríns e 2 músicos en directo brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos. Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construir un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiosis entre tradición e comtemporaneidade. 

Galego

Multiperspectivas#3

Multipespectivas de Paula Quintas é unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.

MULTIPERSPECTIVAS é un proxecto con diferentes fases. 

Multiperspectivas#1. Sen estruturas de funambulismo. Estrea Festival Escenas do Cambio. 2021

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza