Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

BenQuerer

BENQUERER, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afondará o novo espectáculo de Fran Siera, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras. 

Galego

Bailar agora

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Galego

Alén

Alén é unha creación escénica de danza contemporánea con catro intérpretes que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada. Nunha proposta dancística dinámica e enerxética, móvese na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Sinopse

Galego

ALÉN

ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea con catro intérpretes que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada. Nunha proposta dancística dinámica e enerxética, móvese na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Sinopse

Galego

NIK·EU 2.0

NIK·EU 2.0 sigue, como xa é habitual, a filosofía de iXa centrada en desenvolver obras enfocadas nas artes do movemento pensadas para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente. A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestións sociais de perspectivas de xénero e máis especificamente de contido LGTBIQA+, etc.

Galego

Anónimos

ANÓNIMOS RAUXA CÍA. · DANZA E CIRCO CONTEMPORÁNEO · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: a partir de 7 anos Duración: 45 min Lingua: castelán
ANÓNIMOS mergúllanos no subconsciente dunha muller que crea un refuxio onírico a través do papel. Cunha innovadora fusión de danza, circo, acrobacias e marionetas surrealistas, a peza ofrece unha mirada poética e sensible sobre a soidade e a memoria do esquecemento.
 

Galego

On time

FUNDACIÓN PSICO BALLET MAITE LEÓN
Idade recomendada: Todos os públicosDuración: 75 minLingua: Castelán ON TIME convídanos a reflexionar sobre o tempo con Amaya Galeote, María Cabeza de Vaca e Maite Gámez. Estas tres coreógrafas de danza contemporánea, con longas e distinguidas carreiras artísticas, exploran novos desafíos artísticos neste espectáculos con bailaríns e intérpretes con e sen discapacidade

Galego

Quiso negro

ESTER GUNTÍN DANZA CONTEMPORÁNEA · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: a partir de 8 anos Duración: 65 min Lingua: castelán
QUISO NEGRO explora a morte a través do movemento, inspirándose no tarantismo, un ritual medieval do sur de Italia. A peza combina coreografía e música para representar posesión, catarses e esgotamento físico, ofrecendo unha viaxe vitalista e festiva arredor da fin da vida.
 

Galego

Transeúnte

DANIEL RODRÍGUEZ TRANSEÚNTE DANZA CONTEMPORÁNEA · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 50 min Lingua: galego Foco NeoTrad
TRANSEÚNTE explora a dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos das novas xeracións, atravesados polo folclore e a tradición. Un espectáculo que celebra a diversidade cultural, honra o pasado, vive o presente e abraza o futuro.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza