Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Dique

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

Galego

Dique

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. Eran “as estibadoras”. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.

Galego

Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa

Anöa contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para lograr unha liberación catártica.

 

Autoría e dirección: Elvi Balboa

Iluminación: Andrés Galián

Son e música: Mourae

Vestiario: Elvi Balboa

Galego

Ceibe | Fran Sieira, compañía de danza

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Galego

É difícil fotografar o baleiro | Colectivo D’Elas

É difícil fotografar o baleiro é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. Nunha viaxe entre os cantos eclesiásticos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias, pero coas limitacións de seren mortais. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante, pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo.

Galego

The Exposure | Tanit Cobas

The Exposure é unha burbulla violeta que se ri da superficialidade, imita a pretensión e mostra o engano. Como público instruído e obediente, vives intensamente o que sucede no escenario. Con todo, as intérpretes poden estar a pensar en calquera outra cousa. Isto é a dramaturxia escondida: o mundo interior das bailarinas. Que pensan mentres bailan? Son seres reais? Oh, querido público, estou farta de mentirvos! Necesito mostrarvos todas as cores do arco da vella e romper coa dualidade constante da vida.

Galego

Mesura | Raquel Ferradás&Amarelo

Mesura báilalle á espera en diferentes momentos da vida. En xeral, á inquietude e preocupación que xera. Soster, refuxiarse no movemento, adaptarse ás transicións e avanzar. Comezar de cero é sobrevivir no presente. Non hai pasado no cero. Hai que saber convivir coa espera para mirar o mundo aos ollos.

 

ARTES DO MOVEMENTO, ESPECTÁCULO DE RÚA

Javier Costela Vázquez

18 MINUTOS

 

Autoría e dirección: Raquel Ferradás

Galego

XMC·Somos

SOMOS é un dialogo entre dous corpos e todos os seus camiños. Unha conversa que transmite unha mensaxe íntima no momento presente. Encarna e simboliza un intre de conexión. Un espazo que convida a apreciar a beleza da arte a través do movemento, da unión e o conxunto, de escoita interna e de vencello. Unha tradución activa e coexistente que xorde cando nos permitimos ser e nos habitamos de forma consciente. A acción trázase no marco da danza contemporánea determinada polo estilo persoal que caracteriza as coreógrafas, incorporando influencias doutros estilos.

Galego

Ceibe

CEIBE é a nova obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ten unha duración de 60 minutos e conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección artística, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.

Galego

O que non se ve

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza