Ceibe
Ceibe é unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos do día a día, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade.

