Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mimesis

Mimesis é un espectáculo de danza que se constrúe coma un ritual iniciático á vida. Nel a música, a luz e o movemento atenden ao proceso cognitivo dos máis pequenos. É unha coidada produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte dunha idea: a imitación como vía de relación co mundo. Aprendemos porque repetimos aquilo que vemos.

O público acomódase  360 grados arredor da acción nun espazo voluble que invita á atención e o descubrimento…

Galego

Universal

Dende os ritmos latinos, o vibrante swing ou o seductor Zouk brasileiro ata danza contemporánea ou o actual reggaeton. Universal leva aos espectadores nunha viaxe a través dos diferentes xéneros e culturas de baile ao redor do mundo. 

Galego

Camiños que parten

“Camiños que parten” é un espectáculo multidisciplinar de 20min de duración para espazos non convencionais para tódolos públicos que combina a música en directo e a danza. O espectáculo enlázase cunha intervención musical de Mounqup de 40 minutos, facendo un total de 60 minutos.

Galego

Tacón gitano

Tacón Gitano é flamenco, pero non un flamenco calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano. Un pobo que soubo conservar ata os nosos días unha forma de vida e unha cultura propias. Un pobo que expresa como ninguén os seus sentimentos feitos música. As súas penas e as súas alegrías xa son patrimonio da humanidade e asolagan case calquera recuncho do planeta de beleza e arte. Galicia non ía ser menos, e ten neste espectáculo embaixadores do mellor flamenco xitano: os Fernández e os Salazar.

Galego

Ballet de Kiev. El Lago de los Cisnes

Despois do gran éxito de 2022 coa primeira xira por España do Ballet de Kiev, que quedou marcada na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que se está a vivir, en 2023 o O Ballet Kiev percorrerá unha vez máis as salas máis prestixiosas de España. As bailarinas e bailarinas do Ballet de Kiev ofrécennos unha incrible versión do Lago dos Cisnes.
Doazón a UNICEF para apoiar o seu traballo na emerxencia de UCRANIA de 1,5 €por cada entrada vendida.

Galego

Fogar

Fogar é música, é danza e mais é performance, unha instalación sonora. Unha peza onírica sobre as raíces, as que non se ven, as que votamos de menos e algunha vez tivemos que cortar pra poder avanzar. Fogar é tamén unha conversación entre o amor e o desaire ao que fumos; a pertenza, a búsqueda da liberdade individual, o quen somos sen influencias. Un recordo connstante, ramificado e indescifrable. Un pensamento recurrente que nunca abandónanos.

Galego

Opera Breaks

Ópera Break´s é un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Galego

Festival Fin de Curso Danza Alfaia 23

Danza Alfaia, presenta o Festival de fin de curso 23, onde poderemos gozar de diferentes estilos de danza como o ballet, danza contemporánea, danza urbana e brekdance, pasando por danza acrobática e creativa, baseado o traballo desde o xogo e a experimentación.

Nos grupos máis adultos poderemos ver disciplinas como Lindy hop, e diferentes grupos de danza contemporánea onde a investigación nas artes do movemento é o eixo principal. Todo isto presentado pola fantástica actriz e dramaturga Clara Gayo. Esperamos que gocen do espectáculo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza