Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Berro

É a liberdade de contar sen medo nin ataduras,deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior. Baleirarse polo Berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar corpo e alma. Unha parálise existencial.

Galego

Nina Ninette

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será quen de conseguilo?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Galego

Berro

BERRO

É a liberdade de contar sen medo nin ataduras,deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por

manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior.

Baleirarse polo Berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar

corpo e alma. Unha parálise existencial.

Galego

Fronterizas

Mari Paula – Dance & Performance
Tras Mari Paula atópase Mariana de Paula Ferreira (1984), bailarina, coreógrafa e xestora cultural en Cantabria. En 2017, outorgáronlle o Premio Nacional de Danza – Funarte Klauss Vianna por ‘Retrópica’. É directora da Plataforma Iberoame- ricana de Danza Las Vivas, presidenta da Asociación de Profesionais da Danza de Cantabria Movemento en Rede, vicepresidenta de FECED (España) e a súa compañía está enfocada no ámbito da danza contemporánea e a performance, dedicándose á formación, a creación e a xestión das artes vivas e a danza.

Galego

Neutrx

“NeutrX” é unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 14 minutos de duración con música inédita de Xisco Feijoó e Carlos Quintá, cun elenco de seis bailadoras e bailadores baixo a dirección artística de Fran Sieira, onde cuestionamos os roles de xénero no baile tradicional galego. Dende a posta en escena, caracterización, vestiario e pasos de baile…, todo pon en tela de xuízo o rol de xénero preconcevido dentro do baile tradicional.

Galego

Aupapá

Unha estrutura cúbica, translúcida na súa cara superior. Aos lados, ábrense ollos de boi que permiten asomarse ao interior. Un interior onde Estrella García interacciona cos nenos, que se asoman e contemplan o feito escénico dende un punto de vista atípico e moito máis próximo Aupapá, Premio OH! de Artes Escénicas 2012 á Mellor Proposta Escenográfica, crea unha atmosfera pracenteira, un reduto de observación tranquila, tecido con luz, sons e xestos.

Galego

Aupa

Unha estrutura cúbica, translúcida na súa cara superior. Aos lados, ábrense ollos de boi que permiten asomarse ao interior. Un interior onde Estrella García interacciona cos nenos, que se asoman e contemplan o feito escénico dende un punto de vista atípico e moito máis próximo Aupapá, Premio OH! de Artes Escénicas 2012 á Mellor Proposta Escenográfica, crea unha atmosfera pracenteira, un reduto de observación tranquila, tecido con luz, sons e xestos.

Galego

O raro é que bailar sexa raro

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todos nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna.

Galego

Un momento oportuno

Baseado nos textos do escritor Carlos M. Cipola (1922-2000). “Leyes Fundamentales de la estupidez humana”, estes textos danos pe para facer unha crítica á sociedade, para reflexionar sobre o presente sen esquecer o pasado, para intentar arranxar algo, aínda que sexa a nos mesmos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza