Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Remember

Espectáculo de danza da escola Getting Jiggy Dance Studio dirixido por Verónica Aboy.

Din que a vida non é aquilo que se viviu, se non aquilo que lembramos. Existen cancións que sempre nos levarán a un lugar, a un momento, ou algunha persoa, e sen ningún esforzo, provocan en nós un cúmulo de emocións e sentimentos. E iso, dalgún modo ou outro, é o que somos

Galego

Blues de medianoite

Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.

Galego

TRC danza: Manbuhsona

"Manbuhsona" é unha evolución. Unha parella a unha comunidade, unha viaxe dun día a unha viaxe de vida. É un billete de ida ás nosas orixes. Necesitaremos recuperar o noso instinto, investigar o noso pasado para que os nosos cimentos sexan sólidos e estables. Unha viaxe no tempo e o espazo que conectará as nosas raíces co noso futuro. Superaranse desafíos persoais e crearanse relacións co obxectivo de construír unha comunidade simbiótica. Mergullarémonos na natureza e inspirarémonos na beleza da nosa contorna.

Galego

TRC danza: Onde está o relâmpago que vos lamberá as vossas labaredas

O Louco é o primeiro camiño na árbore da vida, intimamente unido coa irrupción de unha enerxía funámbula, en desequilíbrio e xenerosidade, incondicionada. Camiña con ela, levado por ela, a tremer e a ferver, cheo, repleto. A dirimir o pequeno adestramento, conformismo, repetición, crecente deshumanidade. A súa natureza é relampexar todo de dentro.  O Louco nunca olla para o chao. Non precisa, ten pernas, xémeos, coxas, pés. Non hai chao. O paxaaro do Bhagavad Gita: Mergulla na agua até o fundo, no xelo tal vez, mas cando sai dela está sempre seco, quente de calor.

Galego

A Voltas co Baile

No 29 de abril celebran o Día da Danza cunha xornada teórica de 10h30 a 14h.A partir das 14h e até as 20h organizan xunto á Asociación de Veciños A xuntanza e ao grupo de Festas do Barrio de San Pedro, unha foliada no xardín da ala sur do Museo.INSCRICIÓNS PARA A XORNADA TEÓRICA:Antes do 28 de abril en servizosdeac@museodopobo.galPrazas limitadas.
PARTICIPANTES:

Galego

Bailador

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, unha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música tradicional. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza