Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ballet da Ópera Nacional de Moldavia: Giselle

Ambientada nunha contorna campesiña en Alemaña na época medieval, a historia de Giselle está inspirada na obra De lAllemagne que Heinrich Heine escribiu en 1835. Esta peza, estreada en 1841 na Ópera de París, é unha obra mestra absoluta do ballet romántico e considérase unha obra fundamental da danza clásica tanto polo tratamento dos ideais románticos como polo uso da máis refinada técnica teatral do século XIX.

 

Galego

LOOP

Que queda tras os aplausos dunha función, xusto cando o pano cae? Que queda tras unha función e tan só unha "luz de traballo" ilumina o espazo? Quen recolle e ordena e limpa o escenario? Como é un escenario baleiro? Que sucede entón? Loop é un escenario como un lenzo en branco. Teatro dentro do Teatro. Danza dentro da Danza. Marca de "fábrica" de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a Loop nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira Loop.

Galego

Gala solidaria de danza

Gala solidaria de danza no Auditorio Abanca o vindeiro 17 de decembro, en favor do proxecto Viaje hacia la vida. No espectáculo participa o alumnado das escolas: Dancenter Gala, Academia Lodanzas e Siliria Dance Center - Escuela de danza, mantenimiento y artes escénicas.

Galego

Intempestiva

Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (galardoada coas Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración.

A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw.

INTEMPESTIVA

1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.

2. Que non é o máis axeitado, por non ser o habitual ou acostumado.

Galego

Ballet Clásico de Ucrania- El lago de los cisnes

A motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro. Ademais, fai delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións. Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal.

Galego

Spirit of the dance

Spirit of the Dance é un dos espectáculos irlandeses máis exitosos de todos os tempos, que cativou a máis de 30 millóns de espectadores en todo o mundo.

Desde a súa presentación no Bristol Hippodrome Theatre de Inglaterra, no ano 1996, Spirit of the Dance converteuse nunha produción internacional de éxito, con 10 grupos en constante xira por todo o mundo, 350 bailaríns e un merecido prestixio avalado por nove premios Global Award, incluídos o de Mellor Coreografía e Mellor Produción Internacional.

Galego

Ballet de Kiev: El cascanueces

O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, preséntase por primeira vez en España neste 2022 que quedará marcado na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que estamos a vivir todo o mundo, especialmente para os artistas de ballet que un día antes preparábanse para saír a escena ante un teatro cheo. O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, ofrécenos unha versión entrañable do Cascanueces.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza