Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Technocracia

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ó incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar o noso calor interno, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

Bailar é un acto de #resistencia.

Galego

Danza en familia

Gozar bailando en grupo e relacionarse cos demais a través do corpo e a música.

Preténdese chagar á danza a todos todos os contextos e diversidades, especialmente, a aqueles sectores que teñen menos oportunidades de explorar o seu corpo nun contexto inclusivo, xerando experiencias de grupo que acheguen ás persoas coa danza como medio facéndolles sentir máis conectados. 

Para público familiar (nenos e nenas de + de 5 anos)

A actividade realizarase nos exteriores da Biblioteca. 

Galego

Minguantes

Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir máis aprisa que de costume e xa correr non é unha opción, outra galaxia lles espera.

Sinopse: Cando todo se pare, escoita ao animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio.

Caen as follas como o teu cabelo
A choiva a penas se sinte
Sen darnos conta brotaron as flores
A choiva segue, o teu cabelo cae e o brillo dos teus ollos segue intacto.

Galego

TRC danza: A muerte

A muerte como lema.

A muerte como forma de vida.

Así cremos que ten que ser unha obra, así ten que ser representada, a muerte.

A muerte é unha explosión de situacións; a peza plásmase coma un vómito, como un xogo macabro onde o descanso ou a dúbida non valen, morres.

Galego

TRC danza: Ina

Ina é un espectáculo que pon o foco no concepto da luz, esa luz que non vemos pero que brilla con intesidade dentro de nós. Unha viaxe que nos convida a mirar ao ceo e ás estrelas que o compoñen, na busca de facernos sentir a conexión coa esencia, con ese foco de luz que nos alimenta e nos fai iguais. Sobre o escenario, Paloma e Daniel, dous corpos e a luz.

Vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as súas risas de lonxe. Un estalido de luz conéctanos cos nosos soños.

Galego

TRC danza: Figuras do limiar

Na era aceleracionista, os corpos están cheos de velocidade residual: unha inercia que suspende o desexo, fragmenta e extrae a nosa atención. Entender agora quere dicir practicar o ritmo, porque non estamos feitos/as para saber senón para actuar como se soubésemos.

En Figuras do limiar Javier Martín inspírase no arquetipo do "gardián do limiar". Un limiar referido ao tránsito, concepto característico de ritos e cerimonias de paso, presentes en multitude de culturas dende tempos ancestrais.

 

Galego

Vértigo

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo.
Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas.
Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.

Galego

Dancin´ Queen

Dancin´Queen é a ilusión de estar nunha discoteca en clave de danza e humor. Son ganas de bailar e de contaxiar danza.
Unha oportunidade para deixar aflorar á Dancin´Queen que todos levamos dentro, esa que aparece cando soa a música e vímonos arriba pillándonos tanto en zapatillas de andar por casa como levando purpurina.
É espertar. É xogar. É gozar.

Galego

Pink unicorns

Pink Unicorns é unha peza de danza contemporánea, fresca e orixinal, da compañía A Macana que confronta ante o espectador un dúo pouco habitual, un man a man entre o bailarín e coreógrafo Alexis Fernández e a Paulo Fernández, o seu fillo.

Alexis Fernández e Paulo Fernández revélanse como dous magníficos e compenetrados intérpretes, cunha química, non sabemos se froito do traballo escénico ou da cadea de ADN que comparten, pero que senta unhas bases estupendas para esta peza frenética e chea de enerxía, colorida, tenra e divertida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza