Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Vaivén

Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas.

Trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións.

Galego

Pioneras/Aitzindariak

Por cada respiración, por cada bágoa e por cada pinga de suor. Pioneras/Aitzindariak aúna nunha experiencia de danza a infinitos tipos de mulleres, abandera o cliché e destrúe o prexuízo sobre o xénero. Homenaxea ás pioneiras, as que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando, e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de vencer.

Galego

Magma

Un ser illado por un mar de lava despois dunha erupción volcánica intenta 

reconstruír a realidade perdida pero, como conforma o seu concepto de realidade un ser cuxo único contacto co mundo é o magma? Como forma o relato que dá sentido á súa existencia sen ninguén que contradiga a súa versión? Como pode asegurar que 

segue con vida? Como pode asegurar a súa orixe? Como pode asegurar se pertence ao 

Galego

El hijo

El hijo, fala do vínculo cos proxenitores e un lugar, e o que se fai con el. En definitiva como se conforma e desenvolve un vástago. Dalgunha forma falar diso, é poñer primeiro a fragmentación dese principio de unión, entenderse como individuo que se desata, pero ligado moi profundamente a unha repetición de formas e feitos. Algo que se pode explicar só de forma parcial, porque á fin e ao cabo, o individuo sempre leva consigo a reinterpretación desa historia.

Galego

Multiperspectivas#2

Multiperspectivas#2 é un espectáculo no que se mistura a palabra a través da improvisación teatral, o circo a través do traballo de funambulismo, a danza contemporánea, a intervención espacial e o público que participa na peza. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea. 

Galego

The Great Greta

The Great Greta é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de "The Great Greta" sorprendan a toda clase de público. 

Galego

Festina Lente

Festina Lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente.  Nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións, preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

Galego

Idjö

Unha muller camúflase de arriba abaixo cun veo. Non hai corpo. É tecido. Respiración. Quietude. Unha voz mística e profunda a avíva.
Os griots volveron para exorcizar os demos que a atormentan. O pasado sacode a súa memoria. O veo móvese tenuemente. Rokia ábrenos as entrañas da súa propia existencia, que comparte con tantas outras mulleres.

Galego

Órbita

Este fenómeno representa a relación que se establece entre Carlos López e Noemí Parella, dous artistas polifacéticos que interaccionan a través de diferentes linguaxes contemporáneas de movemento, elementos de circo e a música en vivo baixo a atracción gravitatoria das súas raíces: Cádiz, o mar e a arte flamenco. 
Órbita é pura poesía en movemento. Unha obra cargada de forza e sensibilidade na que se pode apreciar unha verdadeira mestizaxe artística e que ofrece ó espectador unha visión integradora da arte e as diferentes linguaxes escénicas que a compoñen.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza