Nó
Teño algo importante que dicir pero aínda non se que é
Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.
NÓ convida o público a unha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que se importante.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada.

