Danza 3- O Fiadeiro
O programa de difusión da música e a danza tradicionais Danza 3 , leva actuacións das formacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña polas rúas. Agora entra na súa recta final con catro novas actuacións nas rúas e prazas de Marín, Cerdedo, Lourenzá e O Barco de Valdeorras.

