Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

AIREnoAR

Partindo do sinxelo das relacións humanas, dous corpos xeran a linguaxe común da danza. Danza que pasa polos diferentes elementos (corda, chan, luz, corpo) coma un xogo a través do cal o espectador conecta coa emoción e delicadeza da historia destes dous personaxes. AIREnoAR é unha historia de encontro e desencontro, de busca do equilibrio entre as cordas. O que nos une, o que nos separa do outro, ritmo e xesto das linguaxes non verbais. A poesía nas dinámicas da fisicalidade.

Galego

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

Balbino

O baile e a música, como recursos obvios, e outros, non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de mais de 90 artistas e sitúannos no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal.

Coidado ao máximo nos detalles, cheo de contido e de sorpresas, Balbino lanza unha mensaxe sinxela pero moi poderosa.

Galego

No/Nato

Marko Fonseca e Raúl Martínez, dirección, coreografía e interpretación

Trabajo coreográfico que aborda as relacións humanas, pero enfócase no vinculjo que pode existir entre dous homes.

Galego

Quincegotas

Once compañías, 36 bailaríns, 14 actuacións, 6 espazos neste festival de danza na rúa.

A primeira edición de Quincegotas é un encontro cultural no que a danza emerxe en concorridos espazos públicos da Coruña coa súa particular fugacidade, incorporando a choiva como un atributo definido e non un impedimento. Compartindo o instante metropolitano para abordar a curiosidade do espectador nunha improvisada estrea de butacas onde abocar olladas.

Máis información

Galego

Laboratorio Inocencia

Inocencia ábrenos as portas da súa casa laboratorio, onde unhas criaturas conviven con fórmulas, luces, sombras e risas... un día completo para descubrir... o pastel.

E é que "Laboratorio Inocencia" é un espectáculo onde máis aló da propia ciencia, pódese demostrar que hai millóns de fórmulas como seres existentes, onde destacar o diferente como un regalo da natureza e a natureza, é a máis alta das tecnoloxías.

Galego

Xoga

Ficha artística:
Dirección, creación e interpretación:
Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez
Deseño gráfico e ilustración: Marta Cuba
Imaxes: Francisco Ares e Marta Cuba
Motion Graphics: Isabel Vila
Iluminación: Octavio Mas
Atrezos: Anahí Taraburelli
Fotografía: Francisco Ares e Marta Cuba
Vestiario: Santos Salgado e Entremans
Espazo sonoro: Ismael Berdei
Técnico vídeo: RTA
Guías didácticas: Estefanía Vázquez
e David Seisdedos
Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

Galego

AIREnoAR

Ficha artística:
Autoría: Creación colectiva
Dirección: Rut Balvís
Escenografía: Creación colectiva
Iluminación: Alfonso Castro
Son: Alfonso Castro e María Move
Vestiario: Teresa Gutiérrez
Composición musical e son en directo:
María Move
Bases electrónicas e gravación: María Move
e Guillermo Cortiñas
Fotografía e deseño gráfico: Manu Lago
Elenco: Álvaro Reboredo (interpretación, danza e corda lisa) e María Move (interpretación, danza e voz)

Galego

Atlántica

Dirección: Juan Miguel Hernández
Bailaríns: Silvana Sestelo, Julia Méndez, Ailén Ramos, Juan M. Hernández, Miguel A. Ponte, Rosalía Vázquez, Iago Alonso, Dyron Valdés, Fernando Piñeiro, Noemi Trincado, Paula Ripol, Yolanda Pérez, Lidia González e Luisa Isabel Vázquez

Atlántica é unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández con música orixinal, composta para esta produción por Ismael Berdei e vai acompañada de contidos audiovisuais deseñados por Pixel Films.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza