Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O mundo nas túas mans

Espectáculo de danza, música e audiovisual para bebés e familias onde se trata a importancia de coñecer o mundo desde a infancia e de aprender a relacionarnos ben desde que somos moi pequenos.

Esta actividade forma parte do programa do Encontro de Artes pola Integración, que leva este tipo de experiencias por varios puntos da cidade de Compostela, a Cidade da Cultura e Salón Teatro.

Galego

Encontro de arte e diversidade

O Gaiás reúne nun mesmo espazo fragmentos de diferentes creacións realizadas por grupos de danza e música de colectivos en risco de exclusión social de diferentes países e grupos que levan a cabo proxectos en Santiago de Compostela.

A Cidade da Cultura é escenario, xunto a San Martiño Pinario e o Salón Teatro, de varias destas experiencias do Encontro de Artes pola Integración.

Galego

Arteandanzas e Aurar

Dúas propostas da Compañía 5S e O incidente DT, dentro das actividades de artes escénicas que se levan a cabo no Encontro de Artes pola Integración, que se celebra en varios puntos de Santiago, xunto talleres e conferencias.

Galego

Escondite

Dous premiados bailaríns, animacións en vídeo e unha música especialmente composta para a ocasión conxúganse para ofrecer un espectáculo de gran calidade dirixido a público infantil no que se narra a aventura dos pais de Claudia, que inician a súa procura cando sae voando agarrada a un globo. Durante esta aventura, os seus pais percorren todos os lugares cara a onde Claudia escapa coa súa imaxinación cando o mundo dos adultos se lle fai demasiado incomprensible.

Galego

Sazón

Autores: Maruxa Salas e  Erick Jiménez

 

SAZÓN

Gusto e sabor que é percibido….nas pequenas cousas…..no corpo e no movimento.

Galego

Bailarina de fondo en concierto

Tania Arias Winogradow, bailarina e coreógrafa. Formada en danza e estudos escénicos en Madrid (a súa cidade natal), Nova York (Movement Research) e Montpellier (Centro Coreográfico Nacional).

Traballa en colaboración con outros artistas da escena, fundamentalmente desde a linguaxe da danza ata a linguaxe das abellas.

Galego

Aupapá

Espectáculo para nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados de mamá ou papá para que os aúpen.
Traballo dos sentidos onde a luz, os sons, os xestos e o movemento crearán unha atmosfera pracenteira, un reduto de observación tranquila a un tempo fose do ritmo cotián. Para iso exponse un traballo xestual e coreográfico de gran precisión e sensibilidade así como unha escoita enfocada á interactuación cos pequenos espectadores, transportándoos a unha atmosfera irreal e máxica que se desenvolve diante dos seus ollos a unha distancia privilexiada, ofrecéndolles un punto de vista único.

Galego

Atlántica

Atlántica é a primeira peza como coreógrafo de Juan Miguel Hernández e tamén a primeira produción de BalletNorte, compañía con sede na Coruña da que é titular Paloma Pérez Colomer.

BalletNorte está integrada por bailaríns e bailarinas de diferentes nacionalidades, aínda que a maior parte son de orixe galega. Todos eles posúen formación en danza clásica e contan con interpretacións neoclásicas e contemporáneas nas súas traxectorias.

Galego

Illas Atlánticas

Illas Atlanticas. Viaxe íntimo coma pesquisa sobre a situación propia nun hoxe calquera e a busca do espazo onde reside a máis vella sensualidade. Esta viaxe aséntase sobre un solo monologado e outro solo de danza. Dúas Illas atlánticas: Illa Norte e Illa sur; dúas visións, dúas linguaxes, dous discursos que se aillan e se entretecen, facendo múltiples combinacións posibles maís alá da propia vontade do executante, aillamos e superponemos. Somos illas somos parque.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza