Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Exposición danzada

Un elenco de seis bailarinas dialogan con obras escollidas de Laxeiro, pertencentes á Colección permanente.

As bailarinas participantes son:

Ánxela Blanco con Trasmundo, 1946; A vida, 1968; e Autorretrato, 1934.

Ana F Gouveia e Lez e Mercé de Rande con Maquinaria humana, 1972; Os deuses, 1970; e Xogo, 1976.

Ana Beatriz Pérez Enríquez con A vida ou Pintura, 1974; Xogo, 1976; e Rotura, 1970-76

Galego

Una introducción

Una introducción é unha performance documental de Olga de Soto ao redor dun traballo de investigación e documentación sobre a percepción da danza. De Soto segue as pegadas que deixou no espectador A Mesa Verde, obra mítica do coreógrafo alemán Kurt Jooss, considerada unha obra esencial na Historia da danza e un dos espectáculos politicamente máis comprometidos xamais realizados.

Galego

Lowland

Lowland retórnanos á animalidade do corpo e do movemento, ao aprendizaxe, o esforzo, a tenacidade e a resistencia, a beleza, o espírito de superación e o espírito de liberdade.

Sinopse: Lowland é a paisaxe de cada un e a viaxe. Só se pode voar co corpo e farannos falta enxeño e imaxinación para conseguir unhas ás. Un imaxinario do mundo das aves e dos homes, cheo de luz e vitalidade en Lowland, a terra baixa.

Galego

Que volvan as flores

Dirección e interpretación: Rut Balbís

Que volvan as flores é unha práctica sobre a creación de imaxes no momento. Por isto, a peza reconstrúese cada vez que se representa e a variación é unha característica constante. Partindo do concepto do desapego ás accións e baixo a rutina no “refacer”, Rut Balbís enfróntase en cada exposición da peza a un momento diferente do que quere facer partícipe ao público. O proceso de creación e ensaio foi aberto ó público. A propia peza fala sobre o proceso de creación, construíndose ao mesmo tempo que se amosa.

Galego

Petí Comité

Dende os meus cuarteis de inverno escribín estas seis notas para que as leas na miña ausencia. Son pequenos poemas elaborados só con luz e carne.
Para ti seis buscas, seis desexos, seis emocións, seis encontros, seis estados, seis vivencias, seis relacións, seis en compañía, seis persoas, seis, seis pezas. Seis evanescencias que espero recordes.

Galego

Cabaretango

O espectáculo "CabareTango", situado nun cabaré de Bos Aires dos anos cincuenta, é un musical no que por medio da danza, a música, a actuación, e un variado e exquisito vestiario, se intenta contar a historia do Tango e as súas orixes.

Galego

Galicia Meiga

Lorena Lores, cantante
Jorge Bombero, Pianista
Teresa Vazquez, asistente de vestiario
Matías Cartegiano, técnico

Galicia Meiga é un recital no que a cantante e compositora galego-arxentina Lorena Lores  invítanos a botarlle una tenra ollada a cultura galega.

Galego

Pangeia

GRUPO ACASO
Bárbara Aguiar (Bailarina e cantante)
Carol Gonçalves (Bailarina e músico)
Ana Maia (Bailarina e actriz)
LIMIAR TEATRO
Manuel Polo (Actor e bailarín)
Hugo Rodríguez (Actor e músico)
Fran Núñez Alonso (Actor e músico)
Coco Castro (Músico e técnico)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza