Peza 7
Dirección: Ruth Balbís
Elenco: Ruth Balbís
Quedara algo pendente... Solo de danza creado para o festival Seis Cordas 2014.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nas mesmas salas: Teatro Ensalle

Dirección: Ruth Balbís
Elenco: Ruth Balbís
Quedara algo pendente... Solo de danza creado para o festival Seis Cordas 2014.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nas mesmas salas: Teatro Ensalle
Who will save me today? xorde das vivencias de Janet Novás na actualidade. Nace dun encontro consigo mesma e da aceptación das súas experiencias e crenzas como ser humano. Unha necesidade de facer do seu traballo un exercicio de honestidade. Segundo a artistam isto é o único que a salva e lle permíte continuar día a día.
Creación: Blanca Arrieta
Intérpretes: Pilar Andrés, Robert Jackson
Música Orixinal: Itziar Madariaga
Deseño Iluminación: Oscar Grijalba
Espazo Escénico: Marc Cano
Proposta escénica na que se procura o diálogo entre corpo, voz, música e recursos multimedia interactivos. Explóranse as diferentes manifestacións e concepcións de ruido e silencio.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nos propios espazos: Teatro Rosalía Castro.
Montaxe multidisciplinar escénico-musical, con escenografía e máis de 12 profesionais da música, a danza, a interpretación ou a literatura.
Seguindo a estela do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego 2012, Nelson Quinteiro ofrece o espectáculo multidisciplinar Grande Orquesta Gharbo!, que serve de xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico Orquesta gharbo!
¿Cómo integrar unha (ou a miña) verdade transparente e convivir con ela habitando un sistema no cal todo se clasifica e se ordea de forma estrutural? ¿Cómo compartir a miña verdade e cómo aceptar a verdade de outros? ¿Cántos somos moitos e sós cantos somos? ¿Precisamos ser salvados? Salváronse quenes xa estiveron? ¿Quén nos salvará ?¿Who will save me today?
Autores: Esther Arribas e Matías Daporta
Elenco bailaríns: Matías Daporta, Esther Arribas, Maciej Sado e Nicolás Rosés.
Sinopse: Se fose eu o asasino, a quen mataría? É un manifesto cultural, unha forma de traer algo, para expresar a distancia e diferenza cultural nun contexto como se amosa no teatro en Amsterdam, conducida a través da linguaxe e humor.
Dirección: Teresa Navarrete
Elenco bailaríns: Teresa Navarrete e Nando Pérez
Salón Otto procura ese refuxio humano de solidariedade, de abrigo e recollemento cara ás realidades a priori máis adversas. Recrea eses espazos de paz, liberadores de encontros fugaces; ese punto concreto que exerce de fogar para a linguaxe, como único fogar humano, como expresa John Berger na súa obra Coa a esperanza entre os dentes.
O desexo de bailar está nalgun lugar da nosa mente, coma os soños. Que é realidade e que é ficción?
Ale-hop é un espectáculo de danza moderna, hip hop e teatro no que os soños se fan realidade e a realidade se fai soño.
Esta programación pode sufrir modicacións. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se representa: Auditorio Casa da Cultura de Bertamiráns
Micro Impactos é unha obra que afonda na interrelación entre a danza contemporánea, o live cinema e a experimentación sonora, para xerar un código relacional propio a partir da combinación entre as tres disciplinas artísticas e a confrontación entre os conceptos de “corpo físico” e ”corpo dixital”.