Oskara
Da Compañía Vasca Kukai Dantza
Mitos, tradicións, símbolos, desde a súa origen ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e a vangarda.

Da Compañía Vasca Kukai Dantza
Mitos, tradicións, símbolos, desde a súa origen ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e a vangarda.
Moendo muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.
Ensaio amor é unha peza que a través da música, a danza e o texto aborda o universo feminino das súas creadoras.
Unha violoncellista, dúas bailarinas e unha bebé en escea, reflexionan cos seus cuerpos, coa sú música e verbas sobre sí mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes.
Ensaio amor non fala sobre o amor, é un acto de amor; non fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia; non fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade.
O desexo de bailar está nalgun lugar da nosa mente, coma os soños. Que é realidade e que é ficción?
Ale-hop é un espectáculo de danza moderna, hip hop e teatro no que os soños se fan realidade e a realidade se fai soño.
Esta programación pode sufrir modicacións. Confirmar datas e horarios nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.
O Baile Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos, americanos e galegos de moda. Para esta xornada contaremos con tres obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta “Fulano, Beltrano e Sicrano” con Matias Tradballs, especialistas en animar a danzar. Porque o baile é é música, cultura e identidade mais tamén é exercicio, terapia e catarse colectiva nun movemento que nos últimos trinta anos está a espallarse por toda Europa.
Feelings toma o pranto coma un exercicio de liberación para bailalo e exercitar a beleza dun corpo abatido.
Janet Novás formouse en danza entre Madrid, Bruxelas e Berlín e en 2008 comeza a crear os seus proxectos dando lugar á experimentación e á auto-investigación. Deste xeito, creou unha linguaxe propia e unha sinxelaza estética, característica do seu traballo.
Nuria Sotelo, directora artística de Licenciada Sotelo, ligada á danza desde a súa infancia a través do ballet clásico, continúa coa súa formación en danza contemporánea e teatro en Aulas Universitarias de Santiago e Ourense. Traballou en creación do Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Elefante Elegante e Matarile Teatro entre outras.
Celébrase este ano a novena gala, baixo a paraugas de "por bailar", onde se amosa, unha vez máis, o esforzo de tantas e tantos artistas para achegarlle ao público un anaquiño de folclore.
A Orixe é un espectáculo didáctico de danza Hip-Hop no que a través de explicacións bailadas, unha interpretación dinámica e divertida e unha participación activa do público, compartiremos con vos un percorrido cronolóxico desta cultura, centrándonos nos estilos de danza hiphop máis importantes.
O espectáculo, dentro da programación Cultura no Camiño, vai acompañado dun obradoiro de danza hip hop de dúas horas de duración e impartido pola propia compañía.
Bailarinas: Alba Fernández e Estefanía Gómez
Espectáculo organizado polo Obradoiro de Danza Clásica e ten como protagonista a vida, marcada pola traxedia desde a infancia, da mítica e carismática cantante francesa Edith Piaf.