Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Día da Danza

A Cidade da Cultura celebra un ano máis o Día da Danza cun obradoiro familiar no que descubrir os bailes tradicionais.

Seguindo as indicacións de Mercedes Prieto, descubriremos e aprenderemos os pasos dos xogos e bailes de roda como a Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoán ou o Gharutiño. E ademais, farémoslle unha chiscadela ao calendario, introducíndonos nas danzas dos maios. Todo acompañado coa música ao vivo de Serxio Cobos, que interpretará diferentes sons co acordeón, a gaita e percusións.

Galego

Tango para todos

Un espectáculo lúdico participativo no que se involucra ao público presente, recreando un salón de baile e cunha miniclase de demostración para poder incorporar ao pùblico ao baile orixinal

 

 

Galego

Moendo Muiñeiras

Moendo Muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.

 

Sipnose:

Galego

Si pudiera hablar de esto no haría esto

Detrás dos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que son responsables das decisións que perfilan os seus traballos e que se dividen en dúas grandes categorías: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que cuestiona e problematiza a primeira.

O resultado estético e ideolóxico das pezas é unha transcrición do diálogo entre estas dúas formas de pensamento. Neste proceso busca facer máis consciente que nunca este diálogo.

Galego

A peregrinaxe da vangarda

Expresión corporal: Mari Ah!
Músico: Alvaro Muras
Audiovisuales: Angeles García
 

Camiño dunha confluencia artística que nos leva a unha experiencia extrasensorial difícil de esquecer por medio da danza, a música e os audiovisuais.

Unha sinerxia de expresións peregrinando cara á vangarda.
 

Galego

A encrucillada da danza na actualidade

Aproveitando que o 29 de abril se celebra o Día Internacional da Danza, a Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega propoñen unha xornada, coordinada por Eva Faraldo, dedicada á encrucillada da danza na actualidade.

Nela, profesionais de nivel estatal e autonómico, establecerán unha reflexión que nos permita abordar a importancia da danza como motor de cambio e crecemento persoal, así como dinamizadora na sociedade en que vivimos.

Galego

Noviembre

Noviembre é un terreo de xogo onde tres bailaríns constrúen unha paisaxe en común. Unha colección de postais onde se enredan os corpos, os xogos físicos e os mecanismos. Noviembre fálanos do grupo e da colaboración, do espazo propio e do espazo compartido, do sentido de pertenza e da imaxinación. Da suma de forzas e do xogo de estar xuntos.

Concepto e dirección: Roser López Espinosa

Creación: Diego Sinniger de Salas, Roser López Espinosa, Ines Massoni, Sol Vázquez

Galego

Entroidanzas

O grupo Pesdelán preséntanos o seu novo traballo, Entroidanzas,  un vídeo que recolle unha escolma significativa da variedade de bailes de Entroido que existen no mundo.

O grupo convídanos a bailar con eles independentemente da idade, forma física  ou coñecemento de ritmos ou pasos de baile que teñamos. Para todos os públicos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza