Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

1Deseo

Que un desexo pareza posible ou imposible non é garantía de que se cumpra. Os nosos desexos conviven cos desexos dos demais, como nós convivimos con amigos, familiares, coñecidos, descoñecidos. A convivencia modifica as nosas vidas. Non somos donos dos nosos desexos.

1 DESEO. Un espectáculo que fala das relacións, do cotián, do amor, do desamor, do medo, da alegría. Un espectáculo que se desprende do romanticismo da frase pide un desexo!, a través de historias e vidas que coinciden por un tempo nunha sala de espera. A sala de espera dos desexos.

Galego

II Espectáculo de Música e Baile Tradicional Traspés

Espectáculo no que se interpretan as músicas, os cantares, as historias e os bailes de Pontevedra como se fose un varieté do século pasado. O obxectivo é transmitir ao público a cultura popular do sur de Galicia.

A Asociación Cultural Traspés foi fundada no ano 2009 co finalidade de deseñar eventos que difundan a cultura tradicional e popular de Galicia a través do seu grupo de música e baile tradicional conseguen conservar e promocionar o folclore galego.

Galego

Ulises e a nena durmida, segunda travesía

Sinopse: Telémaco era dunha materia tan branda que non explotou ao recibir o impacto. A nena durmida volteou o mapa sorrindo, ao tempo que exclamaba: se o universo non ten arriba nen abaixo, porqué aquilo é Norte e isto Sur? Penélope tece e destécese endurecendo a súa sensibilidade... resistindo.. pendurada dos fíos... Sacrifican un año cos cornos dourados para a deusa Atenea. Regresou Ulises, espertade a nena. 

 

Galego

Emoticores

Espectáculo de danza familliar onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, teñen como obxectivo axudar ás máis novas e novos e ao seu entorno familiar a identificar as emocións.

Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo.

.

 

Galego

Mulïer

Mulïer é un espectáculo de danza sobre zancos interpretado por cinco bailarinas. Con esta montaxe pretenden investigar os límites físicos coa danza e o equilibrio, o movemento e a poesía ou a forza e as emocións. As mulleres son o seu punto de partida.

Este espectáculo é unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos e séculos de opresión loitaron e seguen loitando para manter vivo o seu eu salvaxe, e que reclaman o seu dereito de bailar e correr libremente polas rúas e prazas da nosa sociedade. Candidato aos premios Max. 

Galego

Mud Gallery

Premio nacional de Teatro 2015, Mud Gallery é unha peza sobre a coraxe e a silenciosa dignidade que nos outorga a experiencia.

Un espectáculo creado e dirixido por La intrusa– Virginia García & Damián Muñoz-e con música de Jesús Díaz (Making Music in Silence).

Jesús Diáz ofrecerá o día 10 de maio, tamén no Teatro Principal, un concerto no que interpretará esta e outras composicións. Música e danza en dúas xornadas consecutivas.

Galego

Día da Danza na Rúa

O Centro de Danza e Artes escénicas Can Cun Quinqué, en colaboración coas diferentes escolas e centros de danza de Santiago de Compostela, promove a celebración do Día da Danza o 29 de Abril na Praza da Quintana, para todos os públicos.

O día dividirase en dúas xornadas: pola mañá a partir das 12:00 poderase gozar dunha mostra do alumnado das distintas escolas de danza de Santiago de Compostela; e xa pola tarde, a partir das 17:00 h, haberá clases abertas e gratuítas na mesma praza da Quintana, rematando cunha Jam de música, percusión e danza ás 20:00 horas

Galego

TRCDanza 2017

O do TRCDanza 2017 comeza cunha estrea, a da creadora madrileña Patricia Ruz quen presenta o seu espectáculo Green, no que reúne un marabilloso elenco formado por oito intérpretes de diferentes idades e traxectoria cos que festexa sobre a escena vinte anos de compañía.

Unha proposta escénica que utiliza diversas linguaxes que forman xa parte da poética habitual do traballo de Patricia Ruz.

 

Galego

Danza Alfaia e a Banda Municipal de Santiago

Co gallo do Día da Danza, a Banda Municipal de Santiago ten preparada unha actuación especial que inclúe a participación de Danza Alfaia.

O concerto estará composto por 37 músicos da banda, máis bailaríns da escola Danza Alfaia, compoñendo unha proposta máis atrevida do habitual, xa que se xuntará o ballet clásico con outros estilos de danza mais modernos como Lindy Hop ou o Break Dance, pasando pola improvisación en danza contemporánea.

Entrada de balde.

Galego

Xacarandaina

O Concello da Coruña celebrará o Día da Danza 2017 con tres xornadas de actuacións na rúa, unha programación organizada en colaboración con tres entidades de música e baile tradicional locais, que se estenderá polas rúas da cidade desde o venres, 28 de abril, até o domingo 30.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza