Now
Espectáculo de danza contemporánea da compañía La Sala. Nel participan Carla Diego, Sergio Moya, Raflke Van Houplines, Jaiotz Osa, Judith Argomaniz, Ángela Arrieta, Jean Baptiste Tolosana e Urko Arakistain.
Judith Argomaniz é a autora, coreógrafa e directora deste espectáculo.
O espectáculo enmárcase na TRC Danza, a tempada de danza que se desenvolve anualmente no Teatro Rosalía de Castro.

