Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Directo 9

O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo. Os corpos que asisten ao concerto Directo9 viven unha experiencia grupal en directo. Coma se dos corpos dunhas atletas se tratase, levan os corpos ao encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansazo extremo.

Galego

All ways

A Compañía Sharon Fridman cumpre con ese proxecto dez anos de traballo en España, polo que reflicten con el a súa traxectoria.

Durante a obra All ways transítase un camiño que atravesa cinco paisaxes vitais e anímicas, partindo dun estado de perda, pasando pola procura, o ensoñamento, o namoramento e chegando finalmente á construción.

O espectáculo enmárcase na TRC Danza, a tempada de danza que se desenvolve anualmente no Teatro Rosalía de Castro.

Galego

Vuelos

Vuelos é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar da compañía Aracaladanza, que ten a intención de que o espectador goce con todos os seus sentidos.

O espectáculo enmárcase na TRC Danza, a tempada de danza que se desenvolve anualmente no Teatro Rosalía de Castro.

Galego

Oasis Paraíso

Enmarcados na TRC Danza, a tempada de danza que se desenvolve anualmente no Teatro Rosalía de Castro, representaránse os seguintes tres espectáculos:

Illas Desertas, da compañía ArtesaCía, trátase dun proxecto que explora a idea da perda do obxectivo, da falta de destino, a travé do contacto entre homes e mulleres nos que só queda o xesto difuso dunha meta, du mecanismo económico que esmorece na súa corporalidade.

Sobre o concepto do tempo, de Marco Antonio Regueiro, está inspirado no rito arcaico da danza do abellón.

Galego

O lago dos cisnes

O prestixioso Ballet Nacional Ruso, dirixido por Sergei Radchenko, trae a representación do clásico ballet O lago dos cisnes, con coreografía orixinal de Julius Reisinger, e música de P. I. Tchaikovsky. 

Galego

Don Quijote

O Ballet de Moscova presenta en tres actos o capítulo XIX do segundo libro de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes Saavedra.

O espectáculo estará dirixido por Timur Fayziev.

Galego

Serán_01

Este evento nace coa vocación de reunir na Cidade da Cultura a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. Unha xuntanza coa que poñer en valor os esforzos para a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural.

Galego

85Corpos

A organización 85C celebra o Día da danza cun fin de semana de actividades relacionadas con esta arte. 

 

Programa

Sábado 28

18:00 horas na Cova dos Ratos: Sinerxía de artistas. Mostra de dúos aleatorios, nos que fusionar o movemento coa creación de outros artistas. Haberá un coloquio final para comentar a experiencia e o resultado dos traballos.

00:00 horas na sala Magnética: Macarena War III. Evento/batalla de baile en parellas onde se une un bailarín ou bailarina profesional cunha persoa sen formación profesional. 

 

Domingo 29 

Galego

Avalanche

Espectáculo que representa a diversidade, e    desde a linguaxe física amosa como e por que se move a xente deste mundo.

O día anterior ao espectáculo, o 4 de maio ás 18:30 horas, o coreógrafo ofrecerán un obradoiro de Break-Dance no Centro Xove da Almáciga. É precisa inscrición previa no enderezo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza