Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

La Bella Durmiente

A compañía St. Petersburg Festival Ballet foi fundada en 2011 por Maxim Zhuchin. Reúne a ambiciosos novos bailaríns de San Petersburgo.

O propósito da posta en marcha da compañía, foi o desexo de presentar aos amantes do ballet clásico no estranxeiro ás novas estrelas do ballet ruso, descubrir ao mundo novos nomes, e axudar aos bailaríns a revelar plenamente o seu talento.

Na formación da compañía tivo unha gran influencia o famoso coreógrafo Nikolai  Boyarchikov, quen ao longo de moitos anos ocupou o cargo de Director Artístico do teatro Mikhailovski de San Petersburgo.

Galego

O lago dos cisnes

A obra transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos seus cadros a eterna loita do ben e do mal. Protagonízana o príncipe Sigfrido, namorado de Odette, moza convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile o cisne negro e filla do bruxo.

 

Galego

La danza, un camino a recorrer

 

"La danza, un camino a recorrer" é unha proposta educativa, creada desde un punto de vista absolutamente pedagóxico, que busca como fin dotar aos nenos  e adolescentes dunha base de coñecemento sobre a  descoñecida arte da danza, co fin de que nun futuro poidan ser espectadores críticos e reflexivos. Desde unha formulación do espectáculo visual e activo, conducirase ao alumno/espectador a través do tempo, mostrándolle os diferentes personaxes, músicas e bailes pertencentes a cada época histórica e que en ocasións poderá executar.

Galego

Heartbeat

Heartbeat é un só de movemento para un intérprete. A primeira finalidade deste só é ocupar un espazo e un tempo bailando. Unha sesión de música dance, hip hop, techno e electrónica serven de base ao movemento. A pulsación da música é a que marca o ritmo e a que ofrece o estímulo ao corpo para moverse. Un corpo que está a escoitar súas necesidades así como da súa espontaneidade nun exercicio de improvisación. 

Galego

In Between

Bailaríns: Mikel Aristegui, Nuria Sotelo e Rosabel Huget

In between plantéxase a cuestión da definición binaria do xénero no corpo dx bailarín/na. Abrir unha reflexión sobre a importancia que hoxe en día define os roles do home e da muller na nosa sociedade, da necesidade de tratar un xénero “non definido” para poder comenzar un diálogo sobre a igualdade, para poder tratar ao ser humán como tal e non como unha definición dun xénero ou outro.

Galego

Rojo estándar

Elenco: Dario Dumont e Greta García

Dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo  subrrealismo, onde as cores marcan o seu ritmo e no que o amor guiado polo circo e a danza, marcan todo o espectáculo.
É unha obra circular, exposta para que o espectador se sitúe a 360º, como o amor e a vida que nos fan virar.

Premio FETÉN 2018 ao mellor espectáculo de rúa.

Galego

Directo 9

É a nova proposta de Pisando Ovos dirixida cara as novas linguaxes escénicas, en clave de creación contemporánea, na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade actual, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

Galego

Pink Unicorns

A nova creación de LaMacana -a compañía formada por Caterina Varela e Alexis Fernández- pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de catorce anos. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

Bailaríns: Alexis Fernández e Paulo Fernández

Galego

Lendas Cosacas

Espectáculo de danza non que se mostra o folclore e a riqueza cultura do pobo ruso.

Represéntase a un pobo que durante séculos deuno todo sen esixir nada a cambio, soamente continuar co deber a súa patria.

Galego

Akari

Espectáculo que explora a luz, as súas propiedades e a súa forma de viaxar polo aire.

A través da danza os bailaríns mostran como a luz interior de cada un brilla dun xeito especial.

Programación incluída na tempada de outono 2018.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza