Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mayumana - Garage 6

Mayumana, a compañía de danza e percusión máis famosa e taquilleira do mundo, regresa aos escenarios cun espectáculo onde aportan o seu estilo particular a cancións míticas de bandas coma Beach Boys, A-ha, Duran Duran, OneRepublic ou Backstreet Boys. Garage 6 segue a historia dun grupo de mecánicos co sono común de formar unha gran banda. Experimentando cos seus ritmos internos, lograrán crear melodías coas ferramentas e maquinaria do garaxe, pero a cercanía do éxito sempre e un factor que pode alimentar os egos e amenazar a unidade do grupo.

Galego

Billie Jean por 'La Intrusa Danza'

Territorio das Mulleres:
Esta peza curta indaga na estreita liña que existe entre a obsesión por se expoñer e curiosear nos demais, e a necesidade de preservar e manter oculta unha privacidade probablemente non perfecta. 
Autoría e dirección: Virginia García, Damián Muñoz
Intérpretes: Agnés Sales, Gisela Roset
Música: Clara Peya, Pau Brugada
Produción musical: Pau Brugada
Voz: Clara Peya
Produción: Cane [ N. Canela]
+Info
 

Galego

Pink Unicorns

A nova creación de LaMacana -a compañía formada por Caterina Varela e Alexis Fernández- pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de catorce anos. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

Galego

As vacacións máis longas

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha loga viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse ata desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Galego

A gala

Intérpretes: Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Nuria Sotelo.

A gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo éste ao mesmo tempo o artellador da peza.

A gala é unha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío conductor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do país que as acolle).

Galego

The Lamb

Espectáculo de Kor'sia que representa o acontecemento milagroso de recuperación da vista.

Dirección: Mattia Russo e Antonio de Rosa

Intérpretes: Mar Aguiló, Astrid Bramming, Laura de Carolis, Antonio de Rosa, Agnés López-Río, Alejandro Moya, Mattia Russo e Giulia Russo.

Galego

Suddenly III

Espectáculo de Osa e Mujika que reflicte que é o que sucede cando nos arriscamos na vida e nos deixamos levar polos impulsos.

Dirección: Jaiotz Osa e Xabier Mujika

Intérpretes: Jaiotz Osa, Xabier Mujika

Galego

Likes

Espectáculo de Núria Guiu Sagarra no que se reprenta o que significan os likes para a sociedade.

Dirección, coreografía e performer: Núria Guiu Segarra

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza