Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sintempo

SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en definitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora neste momento presente que vive o seu corpo e a súa conciencia. 

Galego

Ser e terra

SER E TERRA . Un estilo de danza que  molla o aire. Velaí outra fecunda realidade artística que chega dende Galicia -absolutamente nova- con raices tan fondas como o propio océano.

  Dicímolo con orgullo. Nos últimos anos os galegos non deixamos de sorprender pola nosa creatividade. Coa Democracia xurdíu a primeira xeración que tivo oportunidade de formarse ben na cultura galega e na cultura universal. Aqueles rapaces regálannos agora unha arte plena, cargada co poder desta Fisterra, e, ao tempo, capaz de emocionar a calquera ser humano.                                           

Galego

Médula

Falamos de volver a nós, de sentirnos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida a nos mover entre susurros, mais sen medo de nos enfrontar co que non queremos.

Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecérmonos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño desexado.

Somos elas e elas nós.

Interpretación: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

Galego

Sin Título 97/17

SEN TITULO é un dúo creado en 1997 a partir da invitación do grupo Artistes Face au SIDA, para participar nunha gala na Sala Patiño en Xenebra, nunha época durante a cal as asociacións de loita contra a enfermidade comezaban a facerse visibles na paisaxe europea.

Galego

Festival 'Escenas do cambio 2020’

'Escenas do cambio' -o Festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- arranca o venres 31 de xaneiro cunha programación que permitirá gozar durante a fin de semana no Gaiás de cinco pezas que xiran ao redor da danza contemporánea e das linguaxes do corpo. O certame -incluído na programación do Xacobeo 2021- reunirá nestes tres días en Compostela a figuras internacionais tan relevantes como Ezster Salamon, Ula Sickle ou Leonor Leal e a creadores emerxentes galegos como Los Bravú ou Pálido Domingo.

 

Galego

Gala D'étoiles

Un espectáculo único con estrelas mundiais do Teatro Bolshoi, Teatro Mariinsky, Teatro da Scala Milano, San Francisco Ballet, Kremlin Ballet e Russian Classical Ballet, que interpretan algúns dos máis belos e emblemáticos Pas de Deux da danza clásica.

O espectáculo creado pola famosa bailarina Evgeniya Bespalova é formado por obras mestras do gran repertorio de danza clásica, abarcando distintos coreógrafos como Marius Petipa, Vasily Vainonen, Lev Ivanov, pero tamén Mikhail Fokin e Alexander Gorsky. 

 

Galego

Sin Título 97/17

Sin título é un duo creado en 1997 a partir da invitación do grupo Artistes Face au SIDA, para participar nunha gala na Sala Patiño en Xenebra, nunha época durante a cal as asociacións de loita contra a enfermidade comentaban a facerse visibles na paisaxe europea.

Galego

Ballet de San Petersburgo de Andrey Batalov - El Cascanueces

O Crebanoces de Piotr Tchaikovsky é a obra máis do Nadal do ballet clásico universal. A maxia dunha festa de Nadal fai posible que os soños de Masha se cumpran: os xoguetes cobran vida, o Crebanoces convértese nun belo príncipe e xuntos, tras enfrontarse aos malvados ratos, viaxan polas terras nevadas ao palacio máxico. Un gran espectáculo con magníficos solistas internacionais e espectacular escenografía de Eugeny Gurenko.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza