TRC danza: Happy Island
" Happy Island é froito do encontro da Ribot coa compañía de danza inclusiva portuguesa Dançando com a diferença. Cinco bailaríns profesionais con discapacidade física e intelectual, entréganse en escena con total liberdade nesta oda á imaxinación, ao alborozo e á existencia nas súas formas máis variadas. En Happy Island hai persoas que son lugares e lugares que son persoas, e nese encontro ou tensión entre ambos, xérase a ficción, o mito, a lenda. Sen renunciar á realidade.

