Rojo estándar
Elenco: Dario Dumont e Greta García
Dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo subrrealismo, onde as cores marcan o seu ritmo e no que o amor guiado polo circo e a danza, marcan todo o espectáculo.
É unha obra circular, exposta para que o espectador se sitúe a 360º, como o amor e a vida que nos fan virar.
Premio FETÉN 2018 ao mellor espectáculo de rúa.

