O lago dos cisnes
O prestixioso Ballet Nacional Ruso, dirixido por Sergei Radchenko, trae a representación do clásico ballet O lago dos cisnes, con coreografía orixinal de Julius Reisinger, e música de P. I. Tchaikovsky.

O prestixioso Ballet Nacional Ruso, dirixido por Sergei Radchenko, trae a representación do clásico ballet O lago dos cisnes, con coreografía orixinal de Julius Reisinger, e música de P. I. Tchaikovsky.
O Ballet de Moscova presenta en tres actos o capítulo XIX do segundo libro de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes Saavedra.
O espectáculo estará dirixido por Timur Fayziev.
Este evento nace coa vocación de reunir na Cidade da Cultura a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. Unha xuntanza coa que poñer en valor os esforzos para a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural.
A organización 85C celebra o Día da danza cun fin de semana de actividades relacionadas con esta arte.
Sábado 28
18:00 horas na Cova dos Ratos: Sinerxía de artistas. Mostra de dúos aleatorios, nos que fusionar o movemento coa creación de outros artistas. Haberá un coloquio final para comentar a experiencia e o resultado dos traballos.
00:00 horas na sala Magnética: Macarena War III. Evento/batalla de baile en parellas onde se une un bailarín ou bailarina profesional cunha persoa sen formación profesional.
Domingo 29
Espectáculo que representa a diversidade, e desde a linguaxe física amosa como e por que se move a xente deste mundo.
O día anterior ao espectáculo, o 4 de maio ás 18:30 horas, o coreógrafo ofrecerán un obradoiro de Break-Dance no Centro Xove da Almáciga. É precisa inscrición previa no enderezo electrónico teatroprincipal@santiagodecompostela.gal.
Espectáculo de danza contemporánea da compañía La Sala. Nel participan Carla Diego, Sergio Moya, Raflke Van Houplines, Jaiotz Osa, Judith Argomaniz, Ángela Arrieta, Jean Baptiste Tolosana e Urko Arakistain.
Judith Argomaniz é a autora, coreógrafa e directora deste espectáculo.
O espectáculo enmárcase na TRC Danza, a tempada de danza que se desenvolve anualmente no Teatro Rosalía de Castro.
Gala con motivo da celebración do Día Internacional da Danza, na que participan alumnos de oito escolas e centros de danza de Ferrol: Danza Paloma, Asociación Mundo Danza-Jesús Quiroga, Estudio de Danza Allegro, Escola Suso Pérez Lago, Club Renbu-Kan, Sharkti Danza, Escola Matilde Pedreira e Club Esquío.
E os corpos abandonan a naturalidade e déixanse gañar polo sentido estético do ritmo.
método negro | "Se me nomeas, négasme." - Soren Kierkegard.
Desde unha posición relativa de debilidade
áchase permitindo a forma. Na fame
emite metodoloxía, e trazo. Distonía, técnica.
Non se pode explicar a auga, coméntase.
Baila un vestido verde é un espectáculo interactivo de danza que xoga e convida a xogar ao espectador.
O corpo, a danza e o xesto son os códigos que se manexan para establecer un diálogo constante co público.
“O vestido verde” é o punto de encontro inicial que activa a interacción entre os presentes.
Baila un vestido verde é un espectáculo de danza simpática.
Asesoramento escénico: Idoia Zabaleta
Voz en off: Jas Processor
Visuais: Félix Fernández