Xuntanza Galicia Swing Vol I
Santiago acollerá o sábado 25 de novembro a primeira xuntanza Galicia Swing. Está organizada por grupo de lindy hoppers de diferentes cidades. Serán tres horas de baile xestionadas polo DJ Javichu. A entrada é de balde.
O swing, un baile que foi moi popular hai décadas e que permaneceu durante moitos anos esquecido, volve estar de moda. Nos últimos anos, un número cada vez maior de persoas está descubrindo esta danza, da que abriron xa varias escolas en diferentes cidades galegas.

