Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Zaquizamí

A compañía Roberto G. Alonso trae este espectáculo de danza infantil e familiar onde xoguetes e trastos abandoados nun faiado cobran vida e fan dos seus defectos virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.

O Festival das Cóxegas é un ciclo artístico para un público familiar. Nel combínanse danza, música e teatro para divertir aos máis pequenos.

Galego

SóLODOS

É a segunda vez que se celebra este festival na cidade das Burgas.

Todas as compañías participantes mostrarán as súas coreografías. Serán escollidas as cinco mellores.

Galego

SóLODOS

É a segunda vez que se celebra este festival na cidade das Burgas.

As cinco coreografías finalistas competirán por un único premio. A gañadora realizará unha xira por latinoamérica.

Galego

O estado cru

Un monte de rosas vermellas, un esqueleto ou unha cornamenta de cervo son algúns dos elementos que acompañan o bailarín coruñés Javier Martín en O estado cru, coreografía que se presentou en distintos escenarios da península e foi destacada o ano pasado no catálogo Dance from Spain, editado pola Federación Estatal de Compañías y Empresas de Danza. Este solo de danza, que celebra xa o seu sétimo aniversario,baséase no traballo de improvisación a nivel de movemento e de luz para lle dar forma a unha traxedia no sentido clásico, na que –segundo o seu creador e intérprete– se bailan es

Galego

II Edición HerDanza

HerDanza é unha proposta para todos os públicos que persegue a dinamización e promoción da danza contemporánea con espectáculos e actividades nalgúns dos espazos máis representativos da cidade.

Durante unha semana ofrece diversas actividades en torno á danza: obradoiros formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato.

Máis información e programa completo nas ligazóns.

Galego

VOOS

Trátase dun grupo de danza ideado e dirixido por Enrique Cabrera e que conta cunha coreografía do grupo Aracaladanza. Esta coñecida compañía pretende inspirar ao público con este espectáculo para que abran as ás e se boten a voar.

Esta danza é válida para todos os públicos e pretenden promover uns ideais para cambiar a maneira de entender as cousas.

Para o grupo, Leonardo DaVinci foi un artista inspirador desde comezo para realizar as súas coreografías xa que as ideas recóllenas do seu traballo para convertelas en realidade e mostralas ao mundo.

Galego

Kokoro

O grupo Kokoro é un grupo de danza moderna e contemporánea no que participan catro bailaríns expertos.

Lali Ayguadé é a encargada de dirixir ao elenco e no show representa o amor e os sentimentos de tristeza e melancolía que sofren as persoas diariamente polas relacións amorosas.

No evento utilízase a danza como ese elemento que axuda a evadir os problemas e buscar outra saída. Ademais permite atoparnos a nós mesmos e coñecer os nosos gustos e as nosas debilidades.

Galego

Nagare

Fusión de danza e tecnoloxías audiovisuais cunha escenografía totalmente integrada na escena.

Dirección artística: Jordi Vilaseca
Bailaríns: Ignacio Fernández, David Ventosa, Alberto Pardo, Marcos Pardo, Juan Manuel Aragón e Víctor Lázaro

Galego

Lur away

Este evento dirixido pola Sra. Polaroiska, é un dos máis variados dentro do programa de TRC danza. Todo isto é debido a que representan as técnicas de diferentes xéneros de danza.

Trátase dun enfoque máis profundo, que fará que nos expoñamos como levamos a vida. Todo se consegue por medio da danza e as melodías que o acompañan. Todo isto fai que este espectáculo lle encante a todo o público.

Os bailaríns que interpretan esta obra son Akaitz Arenzana, Natxo Montero, María Ibarretxe e Myriam Petralanda.

Galego

Aureo

Esta actividade de danza componse de catro pezas diferenciadas nas que se pode observar o interese pola arte, a liberdade nos movementos e o segredo da danza contemporánea.

A compañía productora é a vasca Dantzaz Elkartea e conta con numerosos bailaríns, entre eles: Riccardo Ciarpella, Marek Strycek e Amezaga.

A obra dirixida por Adriana Pous durará aproximadamente unha hora e media e poderase gozar do mellor espectáculo de danza do país.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza