BMSC & Lodanzas & Danza Alfaia
A Banda Municipal de Música de Santiago, baixo a dirección de Casiano Mouriño Maquieira, súmase á celebración do Día Internacional da Danza cun concerto que combina distintas danzas, tanto clásicas como contemporáneas. No espectáculo participan alumnos de varias academias de danza, que serán os encargados de encher o escenario de movemento. O programa será o seguinte:
Fourth Suite For Band (City of Music): Intrada - A. Reed
O Lago dos Cisnes: Valse - P.I. Tchaikovsky
Spartacus Suite: Adagio os Spartacus and Phygia - A. Khatchaturian

