Pretushka Extended
'Pretushka Extended' fai a súa interpretación a través da danza da historia sobre Petrushka, o monicreque, orixinalmente adaptado por Fokin e Igor Stravinsky. O espectáculo ofrece unha auténtica simbiose entre a danza e a música de piano ao vivo.
A entrada xeral ten un prezo de 8 euros. E será de 4 euros para estudantes, xubilados e desempregados. Pódense mercar no propio teatro de 12 a 14 horas e dende unha hora antes do comezo da función.

