Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Os oficios de Xan

Os oficios de Xan narra a historia de Xan, un neno que lonxe de pasar unha noite de prácido descanso, vive unha trepidante aventura chea de doces soños de sabas brancas.

Deste xeito, o protagonista desta historia, a partir das súas rutinas cotiás de alimentación, hixiene persoal e descanso; soña entre outros oficios e profesións: que é medico de grilos, albanel de casas de ladrillo... e ata domador de golfiños!!! 

Logo do contacontos haberá un taller de manualidades de Entroido

Galego

Tío Lobo

Haberá un conta contos para narrar o libro Tío Lobo, xusto cando o profesor propón facer un descanso e tomar uns bunchos, Carmela quere ir ao servizo. Cando regresa xa non queda nada da festa e, repugnante, pídelle á súa nai que faga uns grolos. Pero como non teñen unha tixola, teñen que preguntarlle ao tío Lobo, que á súa vez pide uns bonitos, unha botella de viño e un anaco de pan. Despois de estar farto, Carmela camiña ata a casa do tío Lobo para levar o que se lle prometera, pero o seu glotio fai que se lle quiten todas as disposicións que levaba na cesta.

Galego

O homiño de mazapán

Haberá un contacontos para ler o libro infantil O homiño de mazapán e despois os máis pequenos poderán disfrutar dun taller de manualidades especial San Valentín, onde prepararán postales e galletas para ese día tan señalado. 

Galego

Só - Xampatito Pato

Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

Galego

Tabú

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Elenco: Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido

Galego

Nano vai a escola

Raquel Queizás é a encargada desta nova sesión do Chiquiclub na bebeteca con "Nano vai a escola" para bebes de 0 a 3 anos.

Actividade que precisa de inscrición previa e que pode facerse chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386.

Galego

Divina

O monólogo máis humano dunha muller case DIVINA

A actriz Ledicia Sola analiza as situacións cotiás da vida dende o seu propio punto de vista, ou mellor dito, " de lista". Conto o humor, ironía e estupidez que certas reflexións nos deixan no mundo absurdo no que vivimos.

"Entre facerse a tonta e pasarse de lista, non hai término medio, e sen embargo ahí pasamos a metade da vida... polo menos as mulleres"

Galego

Contos no ar

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Idade: de 0 a 3 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral