Daniela the Pirate by Susanna Isern
A historia dunha nena que soña con ser pirata no barco máis temible..
Este conto enmárcase no programa de contos Storytime for Kids no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.
O propósito deste programa é que os nenos e nenas practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Na sala infantil, entrada libre.

