Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De ida e volta con Cris de Caldas e Amor Herrera

A Biblioteca de Galicia organiza, con motivo do Día da Diversidade Cultural, o espectáculo De ida e volta, unha proposta de narración oral con música e cancións ao vivo da man de Cris de Caldas e Amor Herrera.

De ida e volta afonda na migración galega, con especial atención aos procesos migratorios das mulleres, a través dun percorrido polos tránsitos desde Galicia cara a Cuba e polas conexións culturais e sociais entre ambos os países.

Galego

Chaves invisibles

Unha viaxe chea de historias, música e imaxinación abre as portas do universo literario de Begoña Caamaño en Chaves invisibles, o espectáculo con música ao vivo de Vero Rilo e Luís Iglesias que nos convida a mergullarnos na palabra da homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

Galego

Mitoloxía disidente. A caixa de Begoña

Este espectáculo para conmemorar o Día da narración oral achega ao público a vida e a obra de Begoña Caamaño como unha homenaxe viva, revisitando os mitos que ela mesma reescribiu (Penélope, Circe, Morgana…) e engadindo sobre os que non tivo tempo de rematar (Sherezade). A través da palabra, confrontarase a versión tradicional deses mitos coa mirada da autora, ofrecendo outras lecturas posibles, máis xustas e máis libres.

Galego

Carmen, a cantareira da aldea

Actividade que combina narración oral (contacontos) e música para descubrir a riqueza da tradición galega. Conta a historia de Carme, unha nena cunha pandeireta máxica que a leva a viaxar, ensinando e aprendendo música. Ao longo da súa aventura, comparte cantigas con animais e persoas, devolvendo a alegría a unha festa popular e descubrindo o valor da súa cultura.

Galego

Stringlish: contos de cordel

O cordel é unha das formas máis antigas de narración e entretemento, presente en culturas de todo o mundo. 

Nestas deliciosas historias, un simple cordel deslízase entre os dedos e adopta, como por encantamento, as distintas figuras que acompañan a narración. Contos que deleitan.

Anímate a coñecer este ancestral pasatempo, á vez que aprendes inglés. Unha entretida actividade coa que enrolarse a todas as idades.

Día Europeo das Linguas.

Duración: 45 minutos.

Público familiar e infantil a partir de 4 anos

Salón de actos

Galego

Contos para acabar con algún medo

Primeiro temos que saber como é o medo: grande ou pequeno, dos que aparecen cando non hai ninguén ao teu carón, dos que lle gustan a escuridade, dos que prefiren dar sustos… Para cada medo hai un remedio, e mesmo hai remedios que valen para  todos: a risa, a música, a luz, mirar o medo cara a cara, fronte a fronte, directamente aos ollos.

Cando pensamos que perdemos a valentía nalgures, os contos axúdanos a recuperala. Só hai que lembrar o que lles aconteceu ás e aos protagonistas destas historias, non moi lonxe de aquí, non hai moito tempo. 

Galego

Outras Bolboretas

Outras Bolboretas. Contos pola igualdade e contra as violencias machistas é un espectáculo que mestura monólogo, narración oral, humor e poesía.
Na voz de Sole Felloza, as historias de nenas e mulleres que se atreven a voar convértense en contos de liberdade: princesas que se coroan soas, mantas voadoras, leóns non tan feroces e recordos gardados nun baúl. Bolboretas fala da forza de quen soña, da memoria das mulleres e dun mundo posible, sen violencia e con igualdade.

Galego

O monstro de cores

O MONSTRO DE CORES espertou algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar. Monstro e nena vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral